Falece unha muller ao caerlle a rama dunha árbore do piñeiral da praia da Madalena en Cabanas

O concello declara dous días de loito oficial pola morte da muller.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 08/08/2019 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

Unha veciña das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), J.P.C., de 67 anos de idade, faleceu sobre as 20,00 horas deste mércores, 7 de agosto, tras caerlle encima unha rama dun piñeiro cando se atopaba paseando polo piñeiral da praia da Magdalena, no tamén municipio coruñés de Cabanas.

O suceso produciuse nas proximidades dun hotel situado na zona e de inmediato varias persoas que se atopaban na zona saíron en auxilio da ferida, ata a chegada dos servizos sanitarios, que nada puideron facer finalmente por salvarlle a vida, sinalaron fontes de emerxencias.

Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias do 061, unha asistencial e outra medicalizada, ademais de Policía Local e Garda Civil, así como efectivos de Bombeiros do Eume, que acordoaron a zona e revisaron o estado da árbore do que se desprendeu a rama, que estaba seca.

O cadáver da muller foi finalmente trasladado ao Hospital Naval de Ferrol onde na mañá deste xoves está previsto practicarlle a autopsia. Posteriormente, prevén levar os restos mortais da muller ao Tanatorio San Roquiño, nas Pontes.

Praia da Madalena, en Cabanas
Praia da Madalena, en Cabanas | Fonte: turismo.gal

LOITO

Por outra parte, o Concello de Cabanas declarou dous días de loito oficial e xa lle trasladou as súas "condolencias" á familia por este tráxico suceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta