A consellería de Sanidade fai público o calendario acelerado de vacinación

Usarase nas persoas que ou ben non teñen todas as vacinas administradas, ou son procedentes do estranxeiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2019 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, publicou na súa páxina web (www.sergas.es) o calendario acelerado de vacinación. Este documento resume as últimas recomendacións de vacinación segundo o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar. Esta estratexia ten especial interese no caso da poboación procedente do estranxeiro, onde rexen diferentes programas de vacinación.

Os calendarios acelerados funcionan administrando vacúas con intervalos acurtados de tempo entre as doses. Ponse en práctica con persoas que teñen un historial de vacinación incompleto ou inexistente. No caso de poboación procedente doutros países utilízase para adaptar canto antes a súa vacinación ao calendario da poboación autóctona, segundo informan desde a consellería.

O documento, publicado polo departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña, recolle as pautas xerais de vacinación por tipo de vacinas e o calendario acelerado en menores de 7 anos, entre 7 e 18 e en maiores de 18. Tamén concreta que as recomendacións de vacinación serán individualizadas en función da idade e as doses pendentes de administración do paciente.

Sala do Sergas
Sala do Sergas | Fonte: REMITIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta