O litoral da Coruña terá este venres aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura

Estará activo dende as 15:00 desa xornada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia



O litoral da provincia da Coruña terá este venres, día 9 de agosto, pola tarde aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura. Así o sinala o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, no que se indica que a borrasca continúa o seu desprazamento cara a Irlanda, deixando ondas de compoñente oeste de catro a cinco metros no litoral da Coruña.

O litoral da Coruña terá este venres 9 de agosto aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura.. METEOGALICIA
O litoral da Coruña terá este venres 9 de agosto aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Por iso, o aviso amarelo por ondas estará activo desde as 15,00 horas deste venres no litoral da Coruña ata o final da xornada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta