Detido o presunto autor dun roubo nun bar en Ourense

O propietario do local valora o diñeiro subtraído en 683 euros e achegou gravacións do local.

Por E.P. | OURENSE | 08/08/2019 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un home de 36 anos natural de Brasil, ao que non lle constan arrestos anteriores, como presunto autor dun delito de roubo con forza nun bar da zona centro da capital ourensá.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que motivaron a detención sucederon na madrugada deste mércores día 7 e foron denunciados esa mesma xornada en dependencias policiais sobre as 14,00 horas polo propietario do establecemento.

O dono do local manifestou que esa madrugada recibiu unha chamada da propietaria da empresa de limpeza para comunicarlle que cando entrou no establecemento un empregado para realizar os ditos labores e veu o caixón portamonedas forzado e no chan.

O prexudicado valora o subtraído en 683 euros e achegou gravacións do local. Así, axentes do Grupo de Seguridade Cidadá que realizaban labores de patrulla uniformada observaron sobre as 1,30 horas deste xoves a un individuo que, ante a presenza policial, mostrou "unha actitude fuxidía", destacan as mesmas fontes, motivo polo que procederon á súa identificación, pero non portaba ningún tipo de documentación.

Cando a patrulla logrou identificar o home, resultou ser o presunto autor do roubo con forza ocorrido no establecemento e denunciado con anterioridade, motivo polo que se procedeu á súa detención e traslado a dependencias policiais para continuar coas xestións oportunas.

Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta