Avisos nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra por vento e ondada

As precipitacións serán continuadas durante toda a xornada canto máis ao oeste.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 09/08/2019 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Mentres un total de 23 provincias da metade este peninsular están este venres en aviso de nivel amarelo (risco) e laranxa (risco importante) e vermello (extremo) como Valencia, por temperaturas máximas, que poderán superar nalgúns casos os 40ºC e os 42ºC, en Galicia o vento e as fortes choivas son as protagonistas.

Un home tenta loitar contra os efectos da chuvia
Un home tenta loitar contra os efectos da chuvia | Fonte: Miguel Núñez

Así, este venres hai avisos na Coruña, Lugo, Pontevedra por forte vento e ondada. Agardase que o desprazamento cara ao leste dun sistema frontal atlántico deixe nebulosidade abundante e precipitacións en toda Galicia, Asturias e oeste de Castela e León, que se irán estendendo durante o día ao resto do terzo noroeste peninsular, sen descartar que na segunda metade do día afecten de forma dispersa e ocasional ao País Vasco e Pireneos.

Ao longo do día, a nebulosidade ira diminuíndo e as precipitacións irán remitindo desde o noroeste, excepto no oeste de Galicia, onde se manterán durante gran parte do día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta