O segredo mellor gardado dos Beatles, descuberto por un galego 50 anos despois do seu derradeiro disco

Alfonso Espiño, doutorando pola USC, descubriu durante a investigación da súa tese un dato sobre unha canción de Abbey Road descoñecido ata o momento.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Hai poucos días cumpriuse o cincuenta aniversario de "Abbey Road", o derradeiro album da banda. Conta cunha das portadas máis reproducidas da historia da música, a famosa imaxe no paso de peóns que aínda a día de hoxe é un gran reclamo turístico. Moito se leva estudado da súa figura e parece imposible que aínda quede algún misterio por descubrir sobre o mítico cuarteto de Liverpool. 

The Beatles
The Beatles | Fonte: Indiehoy

Con todo, Alfonso Espiño, doutorando en Historia do Arte pola USC, conta que se topou durante a investigación da súa tese cun descubrimento sorprendente. "Mean Mr. Mustard", unha canción da cara B de "Abbey Road", estaba baseada nunha noticia que John Lennon lera o 7 de xuño de 1967 no Daily Mirror.

O tema fai unha clara referencia a John Alexander Mustard, un escocés de 65 anos recentemente divorciado. A súa esposa o solicitou porque o seu marido era demasiado cutre, en inglés "mean", ata o punto de chegar a extremos como afeitarse coa luz apagada. Todo apunta que esta foi o xénese da canción, que non vería a luz dous anos despois no momento de publicación do disco.

A TESE

A tese, defendida fai apenas un mes, e que ten por título "Beat, pop e rock en Santiago de Compostela (1954-1978)" para a que navegou a través da prensa local da capital galega durante ese período. A nova en cuestión rexistrou o titular "Máxima tacañería" e foi reproducida por varios medios de comunicación.

A Espiño, grande afeccionado a The Beatles, non lle pasou desapercibido que o protagonista da nova se apelidara igual que o nome da canción suxeito de estudo. Despois de investigar e para a súa sorpresa, o que alí se describía coincidía case por completo co que Lennon contaba en "Mean Mr. Mustard".

Este costume non é novo nas composicións de Lennon. Por exemplo, en "A Day In the Life" narra o falecemento nun accidente de tráfico do multimillonario Tara Browne. Tamén une fragmentos doutras nova dese mesmo día, como as 4.000 fochancas na estrada de Blackburn que aparecen ao final do tema.

PUBLICACIÓN

Pero a historia non acaba aí. Tras rematar a súa tese neste ano, Espiño púxose en contacto co historiador inglés experto na mítica banda Mark Lewisohn. El é o responsable de coordinar os libretos que acompañan as reedicións dos álbums históricos e lle informou que ese dato íase a incluír no que conmemoraba aos 50 anos de "Abbey Road". Unha nova versión que incluirá extras, descartes e tomas falsas.

Dadas as circunstancias, o santiagués decidiu que antes do lanzamento do LP en setembro publicará en castelán, galego e inglés a súa investigación ao redor desta canción. Unha información que os fans da banda británica recibirá cos brazos abertos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta