O Punto Lila das festas de Pontevedra atendeu a dúas mulleres na súa primeira xornada

A concelleira de Igualdade de Pontevedra, Paloma Castro, constatou "unha importante cantidade" de consultas de mulleres de entre 15 e 50 anos que se achegaron á caravana para coñecer cando se poden solicitar os acompañamentos, cantos días estará a caravana nas festas e a posibilidade de participar como voluntarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2019 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

Os voluntarios do Punto Lila das festas da Peregrina de Pontevedra atenderon a dúas mulleres "en estado de desorientación por embriaguez" na primeira xornada festiva desta semana grande da cidade. Posteriormente, "os respectivos grupos de amigos organizáronse para acompañalas a casa", informou o Concello de Pontevedra nun comunicado.

Así mesmo, as dúas profesionais que coordinan a caravana do Punto Morado sinalaron que non recibiron "solicitudes de acompañamento" nin recibiron "denuncias por casos de acoso ou agresión". Unha das integrantes é promotora de igualdade e a outra psicóloga.

En canto á actividade informativa, a concelleira de Igualdade de Pontevedra, Paloma Castro, constatou "unha importante cantidade" de consultas de mulleres de entre 15 e 50 anos que se achegaron á caravana para coñecer cando se poden solicitar os acompañamentos, cantos días estará a caravana nas festas e a posibilidade de participar como voluntarios.

Castro apuntou tamén as consultas acerca das "relacións de parella", tipos de acoso, condutas inaceptables, ou o agradecemento dalgunhas familias e mozas polo "labor desta iniciativa como punto de seguridade para as mulleres", un servizo que tamén se está estendendo por outros puntos de Galicia.

Un equipo de dez voluntarios repartiron 2.000 panfletos polos locais de Pontevedra e outros 1.000 desde a caravana, 1.000 dípticos, miles de adhesivos e 1.500 pulseiras, sinalaron desde Igualdade.

DOUS DISPOSITIVOS DE SEGURIDADE

Por outra banda, axentes da Policía Nacional e o Grupo de Prevención da Delincuencia (GPD) efectuaron dous puntos de verificación en diferentes zonas da cidade para a prevención de actividades de carácter ilícito, furtos e roubos.

O dispositivo deu como resultado a identificación de 26 persoas; o control de 12 vehículos; a detención dun individuo por un quebrantar unha orde de afastamento da súa exparella; levantaron 11 actas por consumo de drogas e retornáronse ao centro de menores un grupo que se atopaba fuxido.

Palco das festas da Peregrina
Palco das festas da Peregrina | Fonte: Rosa Lameiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta