A plataforma sanitaria da Mariña alerta da situación de "emerxencia" por falta de pediatras na comarca

A situación, di, afecta a varios concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Unha das portavoces da Plataforma Sanitaria da Mariña, Montserrat Porteiro, alertou este luns da situación de "emerxencia" na comarca pola falta de pediatras.

Anpas e veciños maniféstanse para demandar un aumento do persoal de pediatras
Anpas e veciños maniféstanse para demandar un aumento do persoal de pediatras

Porteiro cualificou a situación de "moi grave" e advertiu de que se "vai a agravar máis, porque a partir do 15 de agosto" estarán "sen pediatras en Barreiros, Mondoñedo e Lourenzá por vacacións". "Tamén se porán de vacacións os de Cervo e Xove e ata o 19 de agosto non se incorpora a de Ribadeo", abundou.

Á súa vez "un dos pediatras de Burela tamén se toma vacacións, co que queda sen pediatras a comarca, salvo Burela e en Viveiro, que de dúas que hai un está de vacacións", comentou. "A situación é case de emerxencia", lamentou.

Para Porteiro isto é sinónimo de "a maneira que ten a Xunta de xestionar os recursos sanitarios, porque priman os modelos economicistas por encima das persoas".

"Dá igual que as persoas queden sen asistencia. Neste caso é máis grave porque a poboación á que se dirixe a estes coidados son persoas con capacidade de enfermar de súpeto", chamou a atención sobre a situación nunhas datas, como as estivais, en que se multiplica a poboación na Mariña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta