Grandes diferencias nos aeroportos galegos: Alvedro e Lavacolla soben e Peinador, baixa

Os aeroportos de Santiago e da Coruña incrementaron o número de viaxeiros, mentres que o de Peinador baixou un 14,2%.

Por Europa Press / Redacción | Vigo de Sanabria | 12/08/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Os tres aeroportos galegos rexistraron no mes de xullo 532.754 pasaxeiros, en 5.144 operacións e, salvo o caso de Vigo-Peinador, acumulan incrementos tanto no número de viaxeiros como no de voos operados.

Segundo os datos que deu a coñecer este luns AENA, o aeroporto de Lavacolla, en Santiago, rexistrou no mes de xullo algo máis de 302.000 pasaxeiros, dos que a maioría (217.552) viaxaron en voos nacionais.

As cifras de xullo no aeródromo da capital galega supoñen un aumento dun 13,7 % con respecto a xullo do ano 2018. Tamén aumentaron as operacións neste mes, alcanzando as 2.231, un 6,7 % máis que no mesmo mes do ano pasado; e as mercadorías experimentaron unha subida do 5,6 %, ata chegar ás 283 toneladas.

No caso do aeroporto coruñés de Alvedro, o número de pasaxeiros foi de 130.069, o maior tráfico da súa historia, e é un 11,1 % máis que en xullo de 2018. Os voos operados superaron os 1.750 (un 1,3 % máis) e as mercadorías rexistradas sumaron 12,5 toneladas (un 24,9 % menos).

Na outra cara da moeda está o aeroporto de Vigo, Peinador, que pechou xullo con 100.611 pasaxeiros, un 14,2 % menos que no mesmo mes de 2018; cun descenso do 11 % nas operacións (1.158 voos) e cunha perda do 87,5 % nas mercadorías (43 toneladas).

TRÁFICOS ACUMULADOS DO ANO

No que respecta aos tráficos acumulados, o tres aeroportos galegos suman, no que vai de 2019, algo máis de 2 millóns de viaxeiros, e case 30.000 voos operados.

O número de pasaxeiros que pasaron por Lavacolla nos sete primeiros meses do ano supera os 1,6 millóns (un 5,6 % máis); tamén aumentaron os viaxeiros en Alvedro, acumulando un total de 777.213 pasaxeiros (un 10,7 % máis); mentres que Peinador suma 595.917 viaxeiros neste período (un 4,1 % menos).

Avión preparando a súa saída
Avión preparando a súa saída

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sentidiño

Hai que facer un ramal do Ave de Santiago a Lavacolla. A Coruña quedaría a 25 minutos, Ourense a 35, Vigo a 50,... iso cos Alvia actuais, porque os tempos diminuirán.

2 Sentidiño

Caballero é coma Fabra, o de Castelló. Isto non é Londres: Lavacolla e Porto, o resto sobra.

1 Gamela

Vigo deixou de REGALAR 1,5 millóns ao ano (dende 2015) a Ryanair e marcharon !!! E así é todo o que se move en Vigo UNHA PURA SUBVENCIÓN (Marisquiño, SeeFest, Concertos de Castrelos, o teloneiro xa cobra todo o ano!) https://twitter.com/GamelaNova/stat...