En Marea leva ao Parlamento o nomeamento do ex alcalde de Laza como alto cargo do Consorcio Provincial de Bombeiros

Denuncian que foi "nomeado a dedo" para cobrar 45.000 euros.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 13/08/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En Marea, a través da representación que ten no Grupo Mixto do Parlamento galego, levou á comisión de Agricultura o nomeamento do ex alcalde de Laza, José Ramón Barreal, como director técnico do Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense ao entender que este “posto de vicexerente foi dado a dedo ao entonces alcalde de Laza, alá polo ano 2015”.

José Ramón Barreal
José Ramón Barreal

O candidato non tivo que superar ningún proceso selectivo. Convén saber, que a persoa que encarna dito cargo, ata aquela era xerente dos Consorcios de Verín e a Limia, e que no seu día foi nomeado como persoal eventual de confianza e asesoramento especial e que segundo parece, obtén a condición de persoal indefinido por sentenza (non firme) dun Tribunal do Social”, apunta o deputado Davide Rodríguez na súa denuncia.

José Ramón Barreal accedeu a esta praza logo de perder as eleccións municipais o pasado 28 de maio e que fontes sindicais din que se creou ex proceso para el. Con todo, desde a xerencia do organismo aseguran que o proceso foi “legal” e que non hai irregularidades na volta de Barreal ao seu posto tras deixar a alcaldía. No seu novo posto o xa ex alcalde de Laza cobrará 45.000 euros.

En Marea denuncia que esta designación “dixital” contravén a xurisprudencia do Tribunal Supremo que esixe que unha praza de tales características sexa cuberta atendendo ós “principios de igualdade, capacidade e mérito consagrados no ordenamento xurídico”. 

Ademais, critica que esta praza “é totalmente absurda e que non fai falla para nada nun consorcio tan pequeno e cuberta por unha persoa que carece de titulacións”. “Durante o tempo que el estivo en excendencia naide cubriu esa praza, outra proba máis de que non é necesario para nada unha persoa nese posto”, recolle a iniciativa parlamentaria. Por iso, En Marea pregunta se existen actualmente argumentos técnicos e económicos que poida avalar o mantemento desta praza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta