Gonzalo Caballero lamenta que se agrave a crise da sanidade porque a Xunta "non cobre as vacacións"

O secretario xeral do PSdeG lamentou que Feijóo "non pasase da política do botafumeiro para tomar decisións reais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2019 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

Así o sinalou o líder dos socialistas galegos nunha rolda de prensa, onde mostrou a súa "preocupación" xa que "un verán máis" a sanidade pública de Galicia "segue sufrindo os problemas e recortes das políticas sanitarias do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo".

Gonzalo Caballero en rolda de prensa.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Gonzalo Caballero en rolda de prensa.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Neste sentido, criticou que o tamén líder do PPdeG busque "responsables externos" e trate de "botar balóns fose" atacando ao Goberno central cun "falso  victimismo" para "evitar render contas" da súa xestión sanitaria.

Desta maneira, sinalou que "mire para onde se mire" os centros de saúde de Galicia "comparten problemas derivados da precariedade e a falta de persoal", polo que lamentou que Feijóo "non pasase da política do botafumeiro para tomar decisións reais" que melloren a atención sanitaria.

CAMPAÑA DE MÁRKETING

Segundo Caballero, por moita "campaña de anuncios e de márketing" do Goberno autonómico, as protestas xeneralizadas nos centros de saúde de Galicia están a darlle unha " labazada de realidade" a Feijóo.

"Todos os centros de saúde teñen problemas na etapa estival", insistiu Caballero, quen asegurou que a Xunta "deixa sen cobertura as baixas de persoal" e mantén condicións de precariedade "intolerables". Neste sentido, referiuse ao caso do Grove, onde, segundo as súas cifras, o centro de saúde chegou a quedar algún día cun médico dos seis que integran o seu persoal.

Gonzalo Caballero quixo tamén dar voz ás protestas dos enfermeiros, un sector no que a eventualidade "está a facer estragos", con contratos "de días" por decisión, segundo el, "do Executivo galego".

Por iso, sinalou que a "mala xestión" provocou o incremento das listas de espera do  Servizo  Galego de  Saúde  de acordo cos datos do primeiro semestre deste ano en comparación co mesmo período de 2018, cun incremento en consultas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk Dende o 27 de decembro ¿que fixeron as súas señorías? agás cobrar as nóminas?