O convenio de limpeza de franxas contra incendios promove 350 contratos con particulares para 1.100 leiras

De acordo cos datos da consellería, estas cifras supoñen un incremento do 52% no caso dos contratos e de case o 45% no das leiras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

O convenio entre Xunta, Fegamp e Seaga para a limpeza de franxas de seguridade contra os incendios forestais promoveu a día de hoxe uns 350 contratos asinados con particulares para executar en 1.100 leiras, segundo avanzou este mércores o conselleiro de Medio Rural, José González.

De acordo cos datos da consellería, estas cifras supoñen un incremento do 52% no caso dos contratos e de case o 45% no das leiras.

Ademais, González apuntou que "xa son case 220" os concellos que solicitaron a súa adhesión ao convenio e 97 plans municipais de prevención e extinción de incendios os entregados aos concellos correspondentes.

Pola súa banda, Medio Rural entregou a todos os municipios adheridos ao convenio de protección de aldeas a aplicación informática que lles permite coñecer aos propietarios e iniciar a remisión de requirimentos para iniciar a limpeza de forma subsidiaria, en relación coas parcelas que integran as franxas secundarias.

O titular do departamento visitou Soutomaior, precisamente, para supervisar os traballos de curta nas parroquias priorizadas deste concello pontevedrés, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto.

Lume en Montefurado
Lume en Montefurado | Fonte: XdL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta