Que é Acción Galega?

Un grupo de ex dirixentes do BNG, independentes e mesmo militantes do PP comezaron a negociar cos irmandiños e con +G a opción de participar nunha gran coalición nacionalista "aberta" e "centrada no país". O proxecto está en marcha pero aínda non colleu forma.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/04/2012 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Non é un partido político pero funciona como tal. Hai meses que ex dirixentes do BNG se xuntaron para analizar a posibilidade de crear un novo partido nacionalista á marxe do Bloque. Esa era a idea orixinal pero, tras o acontecido na asemblea nacionalista do BNG, os obxectivos mudaron.

None

Nesas conversas iniciais participaron rexedores do BNG, principalmente de Ourense, como Xoán Jardón, de Vilar de Santos; e outros ex dirixentes desta formación coma Teresa Táboas, Xosé Antón Pérez Lema ou o dirixente do PNG-PG, Xosé Mosquera. Pero tamén estaban outras figuras destacadas, polo menos en canto a súa militancia, do PPdeG, como é o caso de Rafael Cuiña, fillo do ex conselleiro de Política Territorial na época de Fraga, Xosé Cuiña. 

 

Nova etapa

 

Sen embargo, tras a decisión de Encontro Irmandiño de abandonar a fronte --unha decisión que seguiron outras formacións como +G, o PNG ou EN--, este grupo de persoas comezou unha nova etapa nos seus obxectivos políticos e abriron vías de negociación con EI para analizar a posibilidade de crear unha gran coalición nacionalista.

None

 

Segundo as fontes consultadas por GC, nesas conversas participaron Rafael Cuiña e Teresa Táboas, entre outros dirixentes. Houbo aproximación de posicións pero as posturas de Acción Galega foron claras sobre esa "gran coalición"; non pode ser un fronte de partidos "ao estilo do BNG", non debería integrar a formacións independentistas ou que teñan coma único fin acadar a independencia de Galicia e tería que estar aberta a posturas "centristas", ao estilo dos converxentes cataláns.

 

O papel de Beiras

 

Tamén houbo valoracións persoais sobre quen debería liderar esa fronte. E a postura dalgúns dos que participaron nestas conversas é que non debería ser dirixida por Xosé Manuel Beiras. "Quizais poidera encabezar a lista desta coalición por A Coruña, pero non ser o candidato", comentaron as fontes consultadas sobre o que dixo un destes interlocutores.

 

Posteriormente, a pasada semana, Acción Galega comezou negociacións con +G. Unhas conversas nas que participaron, entre outros, Xoán Báscuas e Rafael Cuiña.

 

Polo momento, non hai decisións en firme posto que as conversas que se manteñen son a varias bandas. EI mantén abertos canles de diálogo cos Ecogaleguistas, con +G, con Causa Galiza, coa FPG, cos distintos colectivos nacionalistas creados tras a asemblea nacionalista do BNG e mesmo con algún grupo de socialistas excindidos do PSdeG. Tamén +G dialoga con varios destes grupos. "É necesario algún tempo para avaliar as propostas que se están poñendo enriba da mesa e comezar a sacar conclusións", comentan as fontes consultadas.

 

Outro proxecto centrista

 

Por outra banda, Acción Galega mantivo, tamén, conversas informais con algún dos dirixentes doutra fronte de partidos de centro que se está a formar en Galicia e que xa mantivo algunhas xuntanzas. Nestas conversas teñen participado representantes de Terra Galega (TEGA), Partido Nacionalista Galego (PNG-PG), Alternativa Popular Galega (APG), Converxencia XXI (CXXI) e Partido Galeguista Demócrata (PGD). Con todo, e segundo as fontes consultadas, non houbo ningún acordo.

 

"O que buscan é unha persoa mediática. Non dispoñen de ninguén que teñan certa proxección", di un dirixente consultado de Acción Galega. "Nós xa lle ofrecemos participar nesta nova plataforma pero semella que non amosaron ningún interese", apunta outro dirixente dun destes partidos. "Con ou sen eles nós seguiremos adiante co noso proxecto porque, desde logo, non entendemos como se conxunta iso dun partido que se di independentista como a FPG con outro de centro-galeguista como din que son eles", insiste en referencia a Acción Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 198 comentarios

5 Antón

Sería moito mais axeitado chamarlle Reacción Galega ou Galicia Reacinaria. O digo porque van coma foguetes no Cayanne, ha.

1 Xanti

Ai upegallo, para reacionario e dogmático xa está Pacorro e vós, os seus secuaces...

2 Antón

Pra progresitas vós, ha. Vós mesmos que queredes montar unha CIU neoliberal galega, con conselleiros do interior coma Felip Puig, e as suas provocacións de manifestantes na Praza de Catalunya.

3 Manolo2

Es cierto Antón. Para los aficionados al mundo de los automóviles de alta gama tendrá que ser muy interesante ver el despliegue de las carrozas de los nombrados promotores del nuevo partido nacionalista. Sin embargo hay conocidos ejemplos de miembros del partido comunista patriótico que no les van a la zaga. A fin de cuentas, también Carrillo tuvo un Mercedes regalado por el felizmente ajusticiado Ceaucescu.

4 Antón

Xa sei que gostas de axusticiar ós do lado contrario. Creas ou non o creas, a case todolos rumanos que lle pregunto, respostanme que vivan millor con Ceaucescu. O mesmo Ceaucescu ao que a propaganda otanica, culpou de masacres e fosas comúns en Timisoara, descobrindose logo que eran osos sacados dun camposanto. A mesma estratexia ca dos osos de animais que usaron contra Gadafi. Libia da que agora nos mass-merda capitalistas non se fala. Non se fala de violencia indiscriminada, nin constante violación dos dereitos humanos. Total, as multinacionais petroleras occidentais, xa se fixeron cos pozos.

5 Manolo2

Ay Antón, ya se que desgraciadamente "el pueblo" no comprende vuestros desvelos, ni los de vuestros sacrificados y egregios prebostes. Que le vamos a hacer. Todo es culpa de los medios de comunicación capitalistas, la CIA, la OTAN, Aznar, Urdaci, Bush, el trio de las Azores, claro, claro, claro. Pero sigamos con el nuevo Acción & Classe

6 podercopular

E King Jong Il, non te esquenzas do querido líder. Escoitar a un comunista falar de dereitos humanos é tan chistoso como escoitar falar a un neocón de solidaridade. Os dous extremos a mesma merdiña son.

7 Antón

home si, podercrapular, Kim Jong foi ese que nos largou as hipotecas subprime que nos estan afogar. Ese que manten a sua demencial industria de morte, imprimindo dolares e pasandonos logo a conta a todos. Eu alucino coa xente que partindo dun nivel economico inferior o meu, defende este sistema. Qué vós aproveite, que veñen tempos moiiii duros.

4 comento

e por que non se constitúen en partido e constrúen o seu propio espazo, digamos de "centro-galeguista"? Eu penso que sería mellor para eles, para o NPC (pra min ten que estar "centrado" inequívocamente na esquerda, plural e non dogmáitca, mas smepre na esquerda)e para o Pais. E o Cuiña, francamente....acho que o tedes surpavalorado; e amais, é miltiante do PP, muito rollo, pero segue cos destructores e aniquildores do pais e da sociedade que o constitúe. NPC xa!

3 pepito perez

Vaia totum revolutum, espero que o Foro pola Unidade de Centro non se misture con todo o refugallo que sae do BNG porque perdeu a asemblea.

2 Xanti

Eu tampouco entendo como Accion Galega ou o PNG que se din de centro, se van xuntar con Causa Galiza e ca FPG...

1 luis da pataca

pois é moi facil de entender, proveñen do BNG, onde xa estaban dominados pola estrema esquerda.

2 Xanti

Se les nas primeiras liñas unhas das condicións sine qua non que puxeron eles foi que estes partidos non tiveran como primeiro fin a independencia. Xa está, segundo a súa opinión tampouco poden facer acordos con eles.

3 siohsi

Tendo en conta que morreredes de vellos sen ver a independencia e que agora mesmo hai problemas graves e urxentes que resolver, que saia xente máis interesada en xestionar a nación que as intrigas palaciegas do BNUPG... non parece mala opción!

1 oPPus Gays

Se é "Acción" (sic) dificilmente poderá ser GALEGA ... e se é GALEGA, dificilmente poderá ser "Acción" (sic).. Eu nunca serei yo !!!

1 Ación ou Acción

Válenche as dúas, mesmo o Estraviz recoñece isto.

2 Teo Libre

E logo?

3 oPPus Gays

O Estraviz só reconhece "Açom". Outra cousa é que permita fazer também procuras em bable galego-espanhol.

4 Ación ou Acción

Busca no Estraviz Acción e levarás unha sorpresa. O Estraviz sempre redirixe a procura a palabra en portugués.

5 Aristóteles

Eu pensaba que cando nos piden un comentario se referia a comentar a noticia que antecede, pero polo visto tamén hai quen se dedica a dar clases de lingüística. Non está mal, ainda que non sexa o lugar, se non ten outra cousa que opinar a mín válema, pero resutla un tanto pobre que un comentario político se despache discutindo se leva unha ce ou dúas ces. Alá cada quen coa súa pancada!!