Que é Acción Galega?

Un grupo de ex dirixentes do BNG, independentes e mesmo militantes do PP comezaron a negociar cos irmandiños e con +G a opción de participar nunha gran coalición nacionalista "aberta" e "centrada no país". O proxecto está en marcha pero aínda non colleu forma.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/04/2012 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Non é un partido político pero funciona como tal. Hai meses que ex dirixentes do BNG se xuntaron para analizar a posibilidade de crear un novo partido nacionalista á marxe do Bloque. Esa era a idea orixinal pero, tras o acontecido na asemblea nacionalista do BNG, os obxectivos mudaron.

None

Nesas conversas iniciais participaron rexedores do BNG, principalmente de Ourense, como Xoán Jardón, de Vilar de Santos; e outros ex dirixentes desta formación coma Teresa Táboas, Xosé Antón Pérez Lema ou o dirixente do PNG-PG, Xosé Mosquera. Pero tamén estaban outras figuras destacadas, polo menos en canto a súa militancia, do PPdeG, como é o caso de Rafael Cuiña, fillo do ex conselleiro de Política Territorial na época de Fraga, Xosé Cuiña. 

 

Nova etapa

 

Sen embargo, tras a decisión de Encontro Irmandiño de abandonar a fronte --unha decisión que seguiron outras formacións como +G, o PNG ou EN--, este grupo de persoas comezou unha nova etapa nos seus obxectivos políticos e abriron vías de negociación con EI para analizar a posibilidade de crear unha gran coalición nacionalista.

None

 

Segundo as fontes consultadas por GC, nesas conversas participaron Rafael Cuiña e Teresa Táboas, entre outros dirixentes. Houbo aproximación de posicións pero as posturas de Acción Galega foron claras sobre esa "gran coalición"; non pode ser un fronte de partidos "ao estilo do BNG", non debería integrar a formacións independentistas ou que teñan coma único fin acadar a independencia de Galicia e tería que estar aberta a posturas "centristas", ao estilo dos converxentes cataláns.

 

O papel de Beiras

 

Tamén houbo valoracións persoais sobre quen debería liderar esa fronte. E a postura dalgúns dos que participaron nestas conversas é que non debería ser dirixida por Xosé Manuel Beiras. "Quizais poidera encabezar a lista desta coalición por A Coruña, pero non ser o candidato", comentaron as fontes consultadas sobre o que dixo un destes interlocutores.

 

Posteriormente, a pasada semana, Acción Galega comezou negociacións con +G. Unhas conversas nas que participaron, entre outros, Xoán Báscuas e Rafael Cuiña.

 

Polo momento, non hai decisións en firme posto que as conversas que se manteñen son a varias bandas. EI mantén abertos canles de diálogo cos Ecogaleguistas, con +G, con Causa Galiza, coa FPG, cos distintos colectivos nacionalistas creados tras a asemblea nacionalista do BNG e mesmo con algún grupo de socialistas excindidos do PSdeG. Tamén +G dialoga con varios destes grupos. "É necesario algún tempo para avaliar as propostas que se están poñendo enriba da mesa e comezar a sacar conclusións", comentan as fontes consultadas.

 

Outro proxecto centrista

 

Por outra banda, Acción Galega mantivo, tamén, conversas informais con algún dos dirixentes doutra fronte de partidos de centro que se está a formar en Galicia e que xa mantivo algunhas xuntanzas. Nestas conversas teñen participado representantes de Terra Galega (TEGA), Partido Nacionalista Galego (PNG-PG), Alternativa Popular Galega (APG), Converxencia XXI (CXXI) e Partido Galeguista Demócrata (PGD). Con todo, e segundo as fontes consultadas, non houbo ningún acordo.

 

"O que buscan é unha persoa mediática. Non dispoñen de ninguén que teñan certa proxección", di un dirixente consultado de Acción Galega. "Nós xa lle ofrecemos participar nesta nova plataforma pero semella que non amosaron ningún interese", apunta outro dirixente dun destes partidos. "Con ou sen eles nós seguiremos adiante co noso proxecto porque, desde logo, non entendemos como se conxunta iso dun partido que se di independentista como a FPG con outro de centro-galeguista como din que son eles", insiste en referencia a Acción Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 198 comentarios

55 Caxide

Canto vai a que Beiras e Cuiña son deputados despois das autonómicas?

1 Non tal

Beiras pode ser, pero o fillo de Cuíña nin de coña.

54 observador

E que pinta un socialdemócrata con comunistas do EI, xente de centro dereita coma o PNG, etc...?, pois o mesmo que pintaron 30 anos no BNG, chámase pluralidade, no BNG non foi posible esa pluralidade. Que os une?, pois úneos o nacionalismo, a loita por Galicia e polo galego e a creencia de que un partido de centro-esquerda á marxe do BNG é moi necesario en Galicia para que o nacionalismo galego chegue a ámbitos ata os que agora non chegou. O BNG, chamando burgués ós pequenos empresarios, autónomos ou profesionais liberais está claro que non pretende ser un partido da maioría social. É máis, espanta a calquera nacionalista que cobre máis de 1000 euros e queira loitar polo pais. Logo queixámosnos de que a burguesía en Galicia non é nacionalista, cando botamos fóra literalmente a calquera nacionalista que non sexa marxista-leninista e revolucionario.

1 Manolo2

Un "socialdemócrata" con carné del PP. Muy consecuente el rapaz.

2 Manolo2

No, porque en tal caso tendría que irme a tu casa, y no tengo estómago ni tan mal gusto.

3 CosPPeideira

El Partido Popular es el Partido de los Trabajadores... ¿Tengo que decir que también del Kurdistán, Mariano?

4 Manolo2

Claro que lo es. Los niños ricos como Willy Toledo y los Bardem suelen ser muy de izquierdas.

5 Manolo2

Claro que lo es. Los niños ricos como Willy Toledo y los Bardem suelen ser muy de izquierdas.

6 Meu Reí

O PNG non é de centro-dereita. É de centro-esquerda...ou iso é o que di o seu secretario xeral. Agora chámanlle progresismo. Ser nacionalista non é suficiente, hai que compartir as fórmulas para combater o paro, para reestructurar a administración pública galega, para favorecer ao pequeno empresario...un novo frente sen ideoloxía non servirá para nada máis que o BNG. O que é preciso é que se normalice a situación política ce Galcia. Nacionalista si, pero un grupo a pelexar polo lado da esquerda e outro polo centro-dereita.

7 observador

E dentro da esquerda a única opción posible é o BNG-UPG?. Temos que ser marxistas-leninistas na esquerda ou hai lugar para un nacionalismo de centro-esquerda en Galicia. Xa hai moitos anos que moitos nacionalistas que non eran de esquerdas votaban BNG pola utilidade ó pais, e foron deixando de facelo. Un partido de centro-esquerda recuperaría ese voto. Os que se van quixeron convertir niso ó BNG, mais como todos sabemos, non foi posible. A min tamén me gustaría unha opción de centro-dereita, máis non a vexo tras esta escisión. O centro-dereita galeguista está no PP e na abstención e o voto máis centrista agardo que o recolla o novo proxecto común..

8 Diogo..

Bueno Manolo iso leva sendo así dende fai tempo. Pijas como Teresa Táboas en Porche defendendo que os ricos coma ela teñen que facer un maior esforzo fiscal e pagar máis impostos e centos de miles de obreiros votando ao PP e dicindo, non, non,aos ricos non que nolo quiten a nós na sanidade e aos nosos fillos en educación. O mundo contemporaneo é unha gozada.

53 Fenicia

Agora tedes máis xente, o 40% da militancia do BNG de Fene, resulta que se deron de baixa do BNG. Levádeos a todos e así a renovación do novo proxecto nacionalista é total. Moito ex cargo. Pouco peón. Xa se verá quen curra aí!

1 Un de Fene

O 40% :-) hai moito de letras en Fene. Foise a vella garda, practicamente todos os ex concelleiros, cunha media de 20 anos no concello e duas xoias do sindicalismo de ASTANO que levan 30 anos sen por un buzo.

2 Diogo.

Eu xa me sei ben cal é a idea de currar na UPG. Pegar carteis toda a noite e dar o coñazo con coches con megafonía todo o día pensando que iso no século 21 fai mudar de voto a alguén.

3 As Chancas

O que leva 30 anos sen pegar pancada é o secretario local de Narón da UPG: Milocho. En Fene queda ó mando Manolo Polo, ese ó que lle creou unha praza a medida o alcalde do BNG de Mugardos Pepe Barcia e tamen queda Juventino, que en 30 anos non foi quen nin de galeguizar o nome, que se presentou de independente e é a única incorporación que fixo o BNG en Fene o resto son todas baixas. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

4 Chatarrancas

Non mintas Chatarrancas sabes perfectamente que a "plaza" a medida foi unha oposición gañada a pesar das trabas que lle puxo a maioría do tribunal, menudo sindicalista estas feito. Do demais tamén é mentira. Non uses ordenadores públicos para difamar porfa.

5 Xanti

Chámaslle renovación a que quede a U e as marcas brancas??? Para iso presentádevos como UPG??? Ou é que non hai ghüevos!!

52 O repolo

A Galiza necesita de vos. Organizadevos é ídelle dando.

51 Si, pero...

Pode ser unha boa idea. Pero ver que xa anda asomando o peteiro o tal Pérez-Lemita bota para atrás a calquera.