Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian "alegalidades" da Xunta para cubrir ausencias do persoal fixo

Advirten de que "todas estas alegalidades se verán incrementadas coa posta en marcha do contrato eventual de continuidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita denuncia que a Xunta "leva moito tempo recorrendo a formas alegais para cubrir ausencias do persoal fixo".

Enfermeiras Eventuais en Loita.
Enfermeiras Eventuais en Loita.

Ademais, advirte de que "todas estas alegalidades se verán incrementadas coa posta en marcha do contrato eventual de continuidade", que, ao seu xuízo, "dá pé a que o Sergas siga permitindo unha contratación fraudulenta".

Por tanto, considera a proposta "un parche que alongará aínda máis a precariedade na enfermaría" e cre que "non é compatible reclamar estabilidade e aceptar un contrato que perpetúa a precariedade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta