Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2019 | Actualizada ás 17:16
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, descartou un proxecto 'Galicia Suma' como a proposta de coalición 'España Suma', que trata de impulsar o PP con Ciudadanos. Para iso, apelou aos resultados electorais obtidos polo PP nesta autonomía.
A preguntas dos xornalistas, tras a súa visita ao municipio de Portas, remitiuse á "confianza maioritaria" obtida polo PPdeG nas tres últimas eleccións autonómicas e ao feito de ser "a única maioría absoluta durante moito tempo" a nivel estatal.
"O noso obxectivo é seguir tendo esa maioría, que é a que dá estabilidade para poder gobernar", remarcou o tamén presidente do PP de Pontevedra. Na mesma liña, insistiu en que o do PP é un goberno "que leva dez anos dando estabilidade a Galicia" e que de face ás próximas autonómicas tentarano "outra vez". "Todo o que sexa sumar está ben, pero ata agora o PPdeG sempre conseguiu a confianza maioritaria dos galegos", recalcou ao ser preguntado sobre o proxecto 'España Suma'.
GLOBO SONDA
Alfonso Rueda considerou un "globo sonda" do Goberno en funcións o eventual cobro dunha peaxe nas autovías, á vez que lle volveu a reclamar o pago dos 700 millóns de euros que o Estado debe á Comunidade. "É unha manobra de distracción", considerou Rueda, quen instou ao Executivo de Sánchez a pór encima da mesa a citada proposta "se se quere falar destas cousas".
"Que curioso que si o poidan facer e ingresar 700 millóns non", apostilou sobre a cantidade que reclama a Xunta ao Estado. E é que Rueda considerou que se non se abona esta contía a Galicia é porque obedece a unha "chantaxe" para "presionar ás comunidades autónomas".
"Para que, á súa vez, presionemos non sabemos a quen para que haxa un goberno e el --dixo en alusión a Sánchez-- poida ser presidente". "Son dos galegos e galegas, necesarios para pagar servizos públicos", insistiu Roda sobre os 700 millóns. Na mesma liña, o vicepresidente da Xunta dixo que o que ten que facer o Executivo en funcións é "ingresar" ese diñeiro, "que nos corresponde", incidiu Rueda, para quen esta medida se debe adoptar por parte de Sánchez á marxe do que ocorra coa investidura.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.