Dous mortos en 55 accidentes esta fin de semana

Outras 80 resultaron feridas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2019 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 80 persoas debido a 55 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas o fin de semana, das que dúas morreron.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 16 de agosto e as 23,59 horas deste domingo un total de 62 chamadas en relación con sinistros na rede viaria galega. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo, con 23.

Os recursos mobilizados polo 061 ascenderon a 79. En concreto,as ambulancias realizaron 70 saídas; o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en sete sinistros.

En 70 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes; en oito ocasiones recibiron atención no lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro. A proporción de homes atendida situouse no 53 por cento e a de mulleres no 47%. En canto ás idades dos feridos, o 38% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña foi a provincia que rexistrou máis accidentes, con 23, durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 19; Ourense, con sete; e Lugo, con seis.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta