A Xunta abre a porta a propor á Unesco unha nova reserva da biosfera en Ourense

Abarcaría aos concellos da Gudiña, Riós, Vilariño de Conso e A Mezquita

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2019 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente analizará a posibilidade de impulsar unha nova candidatura a reserva da biosfera ante a Unesco para o territorio que discorre entre os concellos ourensáns da Gudiña, Riós, Vilariño de Conso e A Mezquita.

Este foi o compromiso que asumiu a conselleira, Ángeles Vázquez, durante unha reunión co alcalde da Gudiña, José María Lago, un dos promotores do proxecto co que aspira a pór en valor e preservar a riqueza que atesoura unha parte importante do seu municipio, recoñecida xa como zona Rede Natura.

Para analizar en detalle a proposta, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, recibirá en setembro ao catro alcaldes, que desexan iniciar canto antes a tramitación administrativa necesaria para optar á declaración como reserva da biosfera.

Galicia conta xa con seis reservas da biosfera que ocupan ao redor do 25% de todo o territorio da comunidade. Son, concretamente, as reservas de Terras do Miño; Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; río Eo, Oscos e Terras do Burón; Área de Allariz; as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; e Xurés-Gerês (a única reserva da biosfera transfronteiriza entre Galicia e Portugal).

Ademais, a inicios deste mes presentouse oficialmente a candidatura coa que Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e Courel aspiran a converterse na sétima reserva da biosfera de Galicia no ano 2021.

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, reúnese co alcalde da Gudiña, José María Lago.. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, reúnese co alcalde da Gudiña, José María Lago.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta