Compostela Aberta pide explicacións polo cesamento dos encargados de supervisar a concesión de centros cívicos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2019 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

Compostela Aberta rexistrou unha pregunta para a súa resposta por escrito por parte do goberno en relación ao cesamento das persoas responsables da supervisión do contrato coa empresa Ferrovial para a xestión dos centros cívicos de Santiago.

Compostela Aberta
Compostela Aberta | Fonte: Europa Press

O grupo municipal quere coñecer "os motivos desta decisión", que na proposta aprobada na xunta de goberno do 12 de agosto "só se atribúe", segundo indica, á "intención do concelleiro delegado de encomendarlle a outra persoa" o labor de control da concesión.

Para Compostela Aberta, é "máis que cuestionable que a primeira medida adoptada polo edil de centros civís fose apartar aos traballadores municipais que velaban polo correcto cumprimento das condicións do contrato".

Isto, segundo critica, "para colocar no seu lugar á persoa que estivo á fronte da rede de centros cívicos cando se produciron as sentenzas por cesión ilegal de traballadores que supuxeron importantes custos económicos para o Concello".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta