A D.O. Ribeira Sacra prevé recoller uns 7 millóns de quilos de uva na vendima

O seu presidente di que "o tempo está a axudar" e prevé unha boa colleita.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2019 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

O presidente da Denominación de Orixe (D.O.) Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, estimou este martes que a vendima se pode pechar coa recollida de sete millóns de quilos de uva, que supoñen "sobre 4,5 millóns de litros (de viño) e seis millóns de botellas".

Rodríguez destacou que "o tempo está a axudar", ao que pode ser unha boa colleita, con "tempo seco, pero tamén a choiva destes días veu ben". "Cando as condicións son así hai unha boa saída de uva. Agora haberá que esperar a que o tempo se siga comportando así", sostivo.

Así as cousas, nesta denominación de orixe, que abarca a máis de cen adegas, pensan que chegarán "aos sete millóns de quilos, que é unha cantidade que as adegas precisan". "Coas vendas que hai consideramos que iso lle daría unha certa tranquilidade e seguridade ás adegas de cumprir os seus compromisos", indicou.

Ese sete millóns de quilo poden supor "uns catro millóns e medio de litros de viño, e seis millóns de botellas (son de tres cuartos esas botellas)", destacou.

SETEMBRO

José Manuel Rodríguez constatou que "as primeiras uvas recolleranse a principios de setembro, en sitios máis puntuais, a partir de aí o máis importante será cara a mediados de setembro cando empezará a nivel xeral".

"É a tónica de todos os anos, que se pode mover unha semana arriba ou unha semana abaixo", sinalou, para engadir "que este ano se pode adiantar unha semana antes, pero tampouco hai maiores diferenzas".

Ribeira Sacra
Ribeira Sacra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta