Rafa Cuíña marcha do PP

Por Galicia Confidencial | Lalín | 14/04/2012 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O comentarista politico e empresario Rafael Cuiña abandonou a mililtancia no PPdeG. "Deixádeme que utilice as redes sociais para comunicar a miña modesta baixa de militancia no Partido Popular", escribiu esta mañá no seu Twitter.

GC adiantou en exclusiva que Cuíña, colaborador deste medio e doutras cabeceiras, era un dos persoeiros en diálogo para crear Acción Galega. Nesta plataforma de galeguistas tamén hai destacados ex-altos cargos do Bloque como Teresa Táboas (ex-conselleira) e Xosé Manuel Pérez Bouza (ex-deputado). Acción Galega recolle así a unha parte dos ex-militantes da fronte  máis próximos ao centro no espectro político.

O anuncio de Cuíña confirma a posibilidade de que Acción Galega, na que tamén participa o comentarista político e avogado Pérez Lema, se converta nunha forza política de seu. GC informou en primicia tamén que xa houbo conversas entre esta plataforma e os irmandiños de Xosé Manuel Beiras, que traballa no "Novo Proxecto Común", proxecto que pretende reorganizar ao galeguismo que marchou ou que xa estaba fóra do Bloque.

None

Na súa labor como comentarista Cuíña foi crítico tanto cos conservadores, por exemplo pola súa desprotección do idioma propio, como co BNG, por exemplo pola suposta radicalización ideolóxica impulsada democraticamente pola UPG.

De confirmarse o seu salto á primeira liña política, é de agardar pois que o faga nas coordenadas do centro e do galeguismo. Sen cargos no PPdeG, mediaticamente Cuíña era considerado como un dos referentes da parte máis galeguista dos conservadores, como o fora o seu pai, antigo 'delfín' de Manuel Fraga.

Velaquí os seus artigos para GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

34 robin das carballeiras

Todo isto da organización dunha forza nacionalista moderada e as baixas que se estan a dar no BNG e a de Cuiña no PP estan a FODER a moitos que, polo que se ve, non deixan de facer comentarios despectivos e ninguneantes cara os que estan tomando iniciativas. Polo que parece isto esta aproducir nervosismo e medo en todos os que falan desta forma e nalgún que outro partido politico, sobre todo, polo que vexo, en los galleguistas del PP, esos del birrete. Se a isto lle augurades un estrepitoso fracaso, ¿por qué vos preocupa tanto?

1 Ruano

Pero vamos a ver Robin, no se puede andar por la red escribiendo semejantes dislates, tendría que existir alguna que lo prohibiese. Haznos un favor a todos; por respeto a la libertad de expresión utiliza ur ordenador sin teclado. Te estas luciendo....!!!

2 Robin das Carballeiras

Qu o entendas ou non é unha cousa pero en todo caso parece que che chamou a atención o que escribin e merecueche un comentario. Por outra parte invocas á liberdade de expresión para que haxa unha norma que lle prohíba aos demáis expresar o que pensan.....¡¡JODER!!

3 Ama

Robin de los bosques, que pasa so se pode falar mal do BNG ou da UPG, mira a min o Cuiña pareceme un tipo patetico, que nunca foi ninguen no PP, esta paxina o presenta como comentaritas politico e empresario, por mi como si e comentarista deportivo, a min pareceme mediocre, e un oportunista. Este ten de nacionalista o que eu de Negro Zumbon.

4 Eu son demócrata liberal

Este Ruano non é que sexa do PP, porque a fin e ao cabo todos somos libres de cometer erros, o que me fastidia é que insulte a todo cristo, que difame a quen lle pluga, et., e se quede tan pancho. O PP ten que preocuparse da marcha dun militante de certo renome. Cuiña non é Ruano, por exemplo.

5 Robin das Carballeiras

Ama: eu son votante do BNG pero xa escribín noutro comentario de que empezo a estar canso de que cada elleccións que pasan temos máis razón e menos votos e así non vamos a nigures. Aquí o povo vota o que vota e polo tanto habera que organizar unha alternativa coa que a xente se sinta identificada. Non se pode estar con conto de que nos temos a razón absoluta e polo tanto quen ten que cambiar é a sociedade. Así gañan os de sempre a así nos vai. En todo caso, coas miñas criticas non entendas que meto no mesmo saco a todos. Hasta hoxe votei a quen votei como xa dixen e, se esto novo non fructifica pois seguramente seguirei votando BNG porque non haberá outra cousa que me represente ainda que so sexa de forma aproximada.

6 Ama

Robin, si lle queres facer caso a cidadanida, vale, enton fai o discurso da maioria, o do PPsoe. Eu non quero iso, e penso que na ultima asamblea os militantes falaron. Nos somos unha alternativaa, un insturmento, para cambiar o pais, hai que aspirar a ser un meros xestores, que o que son o PPsoe, xestores, que vivien de isto, e donde os intereses estan na sua organizacion e en quen sufragas a suas campañas electorais.

7 Akribéstaton

#5 Pois aplica os critérios que expões: vota PP e deixa de chorar.

8 aristóteles

Querida AMA: Os militantes do BNG falaron (logo moitos dixeron outra cousa coas súas decisións de irse), pero o pobo tamén ven falando elección tras elección. E o pobo é quen máis odea, lémbraste as veces que o terás cantado? Así que non se trata de votar PP que xa sabemos o que nos ofrece; trátase de ofertar unha fórmula nacionalista que prantexando as mesmas metaspolíticas que o BNG non sexa refuxado como son estas siglas para moitos galegos de ben. Queiralo ou non.

9 Robin das Carballeiras

Para Aristóteles e Vello Galeguista: Me parece que estamos bastante dacordo, que pensamos parecido. Para AMA: Non sei como co que eu expoño podes concluir que debo votar ó PPsoe. Por outro lado podoche dicir que dalgún xeito recoñeces o que eu digo porque confundes un puco militantes con votantes. É certo que os militantes do BNG votaron na súa asamblea pero iso despois hai que expoñelo nunha campaña eleitoral e despois validalo o día dals eleccións e aquí repitoche o que xa dixen noutro comentario: CADA ELECCIÓNS QUE PASAN TEMOS MÁIS RAZÓN E MENOS VOTOS e así nin vamos a ningures nin coseguimos cambiar nada. Bueno imos cama sempre, cos de sempre. (E estou convencido de que é porque aqui non hai unhas forzas politicas de centro ou incluso de dereitas coma en Euskadi ou en Catalunya. De esquerda nacionalista temos ó BNG pero como podes ver, a maioría da xente non vota BNG

10 Robin das carballeiras

Akribéstatón: Nin Choro nin voto ó PPPSOE. Teño a esperanza/ilusión de que esto empece a cambiar, se é posibel máis pronto que tarde e para eso fan falla máis alternativas nacionalistas serias. Ata o de agora para mín so hai unha a que sempre votei (BNG) e despois estan as alternativas dos de Madrid. En Euskadi e Catalunya teñen o que eu espero ter algún día na nosa nación ó igual que moita outra xente.

33 ybnt

E imos avanzando, os esquerdistas a un lado e os moderados ó outro. Non sei se globalmente o nacionalismo gañará votos, pero gañarase en coherencia, e iso é fundamental para avanzar.

32 Carlos medelo

Bravo po Rafa, valiente y comprometido

31 Maria Lois

O PP está a tremer! Que medo!

30 patriota

Sursum corda Cuíña. É tempo de posicionarse. Un consello para os galegos que aquí escriben, non discutades cos traidores.