Rafa Cuíña marcha do PP

Por Galicia Confidencial | Lalín | 14/04/2012 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O comentarista politico e empresario Rafael Cuiña abandonou a mililtancia no PPdeG. "Deixádeme que utilice as redes sociais para comunicar a miña modesta baixa de militancia no Partido Popular", escribiu esta mañá no seu Twitter.

GC adiantou en exclusiva que Cuíña, colaborador deste medio e doutras cabeceiras, era un dos persoeiros en diálogo para crear Acción Galega. Nesta plataforma de galeguistas tamén hai destacados ex-altos cargos do Bloque como Teresa Táboas (ex-conselleira) e Xosé Manuel Pérez Bouza (ex-deputado). Acción Galega recolle así a unha parte dos ex-militantes da fronte  máis próximos ao centro no espectro político.

O anuncio de Cuíña confirma a posibilidade de que Acción Galega, na que tamén participa o comentarista político e avogado Pérez Lema, se converta nunha forza política de seu. GC informou en primicia tamén que xa houbo conversas entre esta plataforma e os irmandiños de Xosé Manuel Beiras, que traballa no "Novo Proxecto Común", proxecto que pretende reorganizar ao galeguismo que marchou ou que xa estaba fóra do Bloque.

None

Na súa labor como comentarista Cuíña foi crítico tanto cos conservadores, por exemplo pola súa desprotección do idioma propio, como co BNG, por exemplo pola suposta radicalización ideolóxica impulsada democraticamente pola UPG.

De confirmarse o seu salto á primeira liña política, é de agardar pois que o faga nas coordenadas do centro e do galeguismo. Sen cargos no PPdeG, mediaticamente Cuíña era considerado como un dos referentes da parte máis galeguista dos conservadores, como o fora o seu pai, antigo 'delfín' de Manuel Fraga.

Velaquí os seus artigos para GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

24 Pastelao

Digovos eu que no PP hoje não vam pegar olho... Quantos centos de miles de votos se leva Cuíña para o novo tinglado de Beiras?

1 robin das carballeiras

No PP....e no PSOE.

23 canto conto

non vou por maiusculas,teño entendido que na constitución pon que as persoas son libres de pertencer libremente a organizacións asi como a liberdade de pensamento,se ALGUNHA ORGANIZACIÓN LIMITASE ESE DEREITO ESTARIA CONTRADICINDO A CONSTITUCIÓN,polo tanto o que cabe subraiar é que os únicos caciques perigosos según a miña opinión están no poder niste momento ou na dirección de grandes empresas,cortinas de fume non.

22 Unha

O partido que tratan de formar que vai ser seguindo a mesma de SEMPRE!!!!CACIQUISMO POR TODOS OS LADOS!!!!!!E POR QUE SE LLE DA AGORA POR MARCHAR? PORQUE NON DA ASCENDIDO NO SEU PROPIO PARTIDO QUE TEN QUE CREAR UN OU UNIRSE, ADEMÁIS ESPERO QUE NON SEXA DE CACIQUES!!!! Ó FINAL QUEN ACABA PAGANDO SEMPRE É A SOCIEDADE, SOBRE TODO A GALEGA, QUE SEMPRE FIXERON DE NOS O QUE LLE DOU A GANA, ENTRE O PARTIDO QUE ENTRE, LOGO SE LLE SUBEN OS FUMES Á CABEZA E XA SE CREN OS REIS DO MAMBO E PENSO EU QUE HABERÍA QUE SER MÁIS HUMILDE CA CIDADANÍA E FACER ALGO E NON Ó CABO DE CATRO ANOS DE LEXISLATURA ACABAR ROUBANDO OU FACELO TODA A VIDA, PORQUE O DIÑEIRO SAE DOS PETOS DE TODOS/AS E NON DO SEU. É QUE ASÍ NOS VAI!!!!! ESPERO QUE SEXAN COHERENTES CAS UNIÓNS QUE SE FAN. UNHA CIDADA MOI QUEIMADA COS POLÍTICOS ESTAFADORES DESTE PAÍS.

1 Ruano

Tu debieras plantear candidatura para la beatificación, pues se nota que eres inmaculada y no como ese cafre de Lalín que arrastra todos lo pecados capitales y alguno más. Hay que plantear a la iglesia que lo excomulguen por abandonar el dogma popular. ( de todos modos por el contenido de la misiva, no sería de mas que aprovechases para retomar contacto con la escuela pues tu formación quedó incompleta)

21 Dúbida

Ola! Queria meter este comentario só para probar si é realmente certo iso de que fales do que fales neste foro vai haber unha resposta dicindo o peores e malísimos que son os da letra U. Saúdos

1 Uuuuuuuuuuuuuuuu

2 eumateix

Engana-se... aqui é onde se comenta a teoria essa segundo a qual Feijoo, a CIA e até o mesmíssimo Demo Maior tenhem um plano para acabar com o puríssimo e etiquíssimo BNG alterando a linha espaço-temporal para evitar o cumprimento do seu Destino Final, que é a vitória total e sem condiçons sobre as hordas capitalistas que ameaçam com a miscigenaçom cultural e social o futuro da Amada e Sempiterna Pátria Proletária.

3 EHHEHEHEHHEHE

Eumateix, grazas, para eso xa temos a Cuiña, Táboas e Jardón HAHAHHAHAHHAHAHHAHHA

20 Paz e amor

"ladran, luego cabalgamos". Agora toca reorganizarse e entre todos, botar da xunta a esta banda de exterminadores, mafiosos, canceríxenos e nazis que desgobernan a Junta do noroeste. Hai que desaloxar o bandallo criminal bertin habichuelo polo ben da patria.Os tempos son chegados, ánimo. Que espumeen eso é boa siñal

1 En axuda de Alberto

Non me digas... E se Cuíña é cabeza de lista (imposible porque ten que ser Beiras que se non marcha co escatergoris) e a maioría do PP depende dun deputado... A quen votaríades???

2 robin das carballeiras

Se vos lembrades a primeira vez que Coalición Galega se presentou a unhas eleccións fora un autentico bombazo. En principio apareceron coma unha forza de centro ainda que despois acabaron de mala maneira. Para min isto é anecdótico, o que si é importante é que a xente (moita) estaba disposta a apoiar unha forza nacionalista tipo CiU ou PNV en Galiza. Estou seguro que desta vez será un éxito se fan as cousas ben e aprenden de erros que xa cometeron outros. Sobre todo no PP (e seino de boas fontes) e tamén enpezan a estalo no PSOE. Os do BNG de momento están co subidón do enorme cabreo que teñen pero como están seguros de estar en posesión de verdade absoluta, ainda non se pararon a reflexionar, pero os dous partidos nacionalistas españois, grandes defensores de sempre da nosa terra empezan a estar cagados.

3 Eu estiven alí

Falades de Coalición Galega ainda que tal vez non tendes datos fiables de como foi e como se xestou.Foi algo parecido ao que está pasando coa xente que se vai do BNG. Daquela tiñamos políticos con cargos importantes que viñan da UCD; outros ern dirixentes de pequenos partidos (PG, PGI, COurense, etc.) Todos estaban convencidos de que Galiza precisaba algo así. Saiu ben. Once deputados galego da primeira saca. Todo un éxito. Foron os personalismos e a dereita máis rancia quen emponzoñaron o corpo político e remataron quebrando unha unión ainda sen consolidarse. Pode ociorrer o mesmo agora? Pode. Ese é o risco; pero merece a pena intentalo, non?

4 Robin das carballeiras

Eu est.alí:Para os que estivestes naquelo e para os votantes foi unha pena que xculpa dos que dis tí.Queimuo politicos de 1ª fila que había.Oxalá se sumen a isto xque teñen a experiencia dos que saíron inxustamente chamuscados. Exp. Barreiro Rivas ó que lle pasaron factura asquerosa x 1 chorrada os do PP x abandonalos,os que agora respaldan o alcalde de Santiago (Cuíña que mire polo retrovisor que algo lle han buscar para fastidialo).Sempre votei BNG pero xa estou canso. De cada eleccións temos + razón e - votos. Ten q ser desta e tódolos que pensamos así temos que poñer o que poidamos da nosa parte. Por 1ª vez despois de moito tpo teño ilusión e a esperanza de que isto empece a cambiar. A xente vota o que vota se non ten outra cousa pero cando houbo algo ilusionante enganchouse a primeira, xque lembraredes que CG fora un BOMBAZO con gran repercusión a nivel estatal. POIS ISO:¡DESTA TEN QUE SER!.

5 Eu estiven alí

Robin, non esquenzas que antes de CG existiu unha coalición chamada Unidade Galega que tivera uns estupendos resultados electorais nas municipais. Lémbroche que a alcaldia deVigo chegou as mans de Manolo Soto polos tres votos de Unidade Galega, que encabezaba en Vigo AlfonsoAlvarez Gándara. En pontevedra debia poñer alcalde pero as negociacións de Camilo Nogueira para que fora alcalde da coruña o nº 1 da coalición que pertencia ao POGA frustou esa saida. Total o novo alcalde da coruña foi defenestrado en pouco tempo pola dereita máis reaccionaria acusándoo de nos ser exualmente ortodoxo. Esta foia primeira frustación dunha saida nacionalista racional e seria. Logo tivemos o de CG que tamén se frustruo. Agora toca con non sei que. Irá a vencida ao terceiro intento? Iso esperamos moitos.

6 Robin das Carballeiras

Para Eu estiven alí: estou dacordo contigo e dame a impresión de que hai moitísima xente que tamén pensa parecido. Oxalá sexa esta a vencida.