Rafa Cuíña marcha do PP

Por Galicia Confidencial | Lalín | 14/04/2012 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O comentarista politico e empresario Rafael Cuiña abandonou a mililtancia no PPdeG. "Deixádeme que utilice as redes sociais para comunicar a miña modesta baixa de militancia no Partido Popular", escribiu esta mañá no seu Twitter.

GC adiantou en exclusiva que Cuíña, colaborador deste medio e doutras cabeceiras, era un dos persoeiros en diálogo para crear Acción Galega. Nesta plataforma de galeguistas tamén hai destacados ex-altos cargos do Bloque como Teresa Táboas (ex-conselleira) e Xosé Manuel Pérez Bouza (ex-deputado). Acción Galega recolle así a unha parte dos ex-militantes da fronte  máis próximos ao centro no espectro político.

O anuncio de Cuíña confirma a posibilidade de que Acción Galega, na que tamén participa o comentarista político e avogado Pérez Lema, se converta nunha forza política de seu. GC informou en primicia tamén que xa houbo conversas entre esta plataforma e os irmandiños de Xosé Manuel Beiras, que traballa no "Novo Proxecto Común", proxecto que pretende reorganizar ao galeguismo que marchou ou que xa estaba fóra do Bloque.

None

Na súa labor como comentarista Cuíña foi crítico tanto cos conservadores, por exemplo pola súa desprotección do idioma propio, como co BNG, por exemplo pola suposta radicalización ideolóxica impulsada democraticamente pola UPG.

De confirmarse o seu salto á primeira liña política, é de agardar pois que o faga nas coordenadas do centro e do galeguismo. Sen cargos no PPdeG, mediaticamente Cuíña era considerado como un dos referentes da parte máis galeguista dos conservadores, como o fora o seu pai, antigo 'delfín' de Manuel Fraga.

Velaquí os seus artigos para GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

4 Larchán

Vexo moito capataz, moito terrateniente no novo proxecto burgués, e pouco obreiro. Moito ego e pouco compromiso.

1 Aristóteles

Home, non estarás pedindo que saian aquí anunciando a súa aceptación do novo PoxectoComún todos os que, de seguro, estaban esperando que se fixera algo serio fora do BNG? Digo eu; porque de ser así demostras malas intencións nos teus comentarios e iso non é positivo para ninguén e menos para tri mesmo.

3 Outro Comentarista

É unha decisión de risco, non se pode obviar que aos residentes da antiga casa, con afinidades e disparidades tíñaslles adxudicado emprazamento, pero na casa de ninguén que representan as orixes dunha nova formación política, tanto podes satisfacer obxectivos como acumular frustracións. Os meus mellores desexos Rafael, espero que acertes .En calquera caso Galicia ben merece unha aposta.

2 Ja ja ja

O fillo do empresario-conselleiro Cuíña era militante do PP, entón! Era certo, sería moi descarado que seguise no PP e se presentase co Vello Proxecto Parcial ás eleccións. De momento os do Vello Proxecto Parcial están sendo incapaces de negar que se van a unir a esta persoa. Con razón non lles gustaba a CIG, e dicían que o Bloque non podía ser tan nacionalista e de esquerdas.

1 Martín

Cuíña: hoxe tapaches moitas bocas. Es moi grande.

1 Robin das Carballeiras

Non sei se é moi grande pero si que tapou unhas cuantas bocas. Fai tempo que o escoito, algunhas veces nun coloquio na SER e dame moi boas sensacións. Eu xa empezaba a descofiar del pero hoxe tamén me tapou a boca a mín. Podo dicir que coa xente coa que falo notase unha gran ilusión polo porxecto que parece que esta a nacer.