Levan á Fiscalía un artigo de La Voz de Galicia por "denigrar o colectivo trans"

Sete entidades galegas, en representación do movemento LGTBIQ+ do país, presentaron un escrito contra un artigo de opinión que, din, supón "unha denigración do colectivo". O autor insiste en que "ten que ser posible falar de todo" na sociedade actual e denuncia ser vítima dunha campaña de insultos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/08/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Un conxunto de asociacións veñen de presentar este mércores un escrito en tres das fiscalías da cidade da Coruña para denunciar o artigo de opinión "Lo Trans", escrito por José Francisco Sánchez, director de comunicación da corporación de La Voz de Galicia, nas páxinas deste diario o pasado 3 de agosto. 

Miguel Vieito, asesor legal de ARELAS, e Carlos Emilio Mella, presidente de ALAS Coruña, atendendo os medios antes da entrega dos escrito
Miguel Vieito, asesor legal de ARELAS, e Carlos Emilio Mella, presidente de ALAS Coruña, atendendo os medios antes da entrega dos escrito | Fonte: cedida

Dende estas entidades - a Asociación de Familias de Menores Transexuais (ARELAS) e as asociacións LGTBI, Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual da Coruña (ALAS A Coruña), Avante LGBT, Les Coruña, Nós Mesmas e Ultreia LGTBI - consideran que este artigo supón unha "vulneración flagrante do ordenamento xurídico" por expoñer "manifestacións de odio" contra o colectivo trans. "O dereito a expresarse de maneira libre non pode servir de refuxio", aseguran os colectivos.

"TEN QUE SER POSIBLE FALAR DE TODO"

Pola súa banda, o autor do artigo asegura que "non hai nada nel --no artigo-- que non sexa verdade" e insiste en que "ten que ser posible na sociedade actual falar de todo". "Senón é así estariamos ante un problema grave", indica en declaracións a Galicia Confidencial.

José Francisco Sánchez mantén todo o dito no seu artigo e critica que por dicir o que pensa "só lle teñan chovido os insultos". Ademais, di que ninguén destas entidades se puxera en contacto con el antes de presentar esta denuncia. 

"PREXUÍZOS"

"O artigo alimenta os prexuízos sobre o colectivo trans e traslada á sociedade unha imaxe deturpada e nociva do que é a liberdade de autodeterminación de xénero", resaltan no escrito as entidades que presentaron a denuncia. "Non só se traslada a información de que as persoas trans finxen e simulan unha identidade de xénero distinta á que lles foi asignada no momento do nacemento.

Ademais, critican que se afirme, sen datos de ningún tipo que o avalen, que a ratio de suicidios de persoas que teñen transitado socialmente é "dezanove" veces maior que o da poboación xeral, que a solicitude de servizos sanitarios responde á "presión publicitaria – case sempre a través da cultura" ou por "nichos de mercado", ou que os médicos que prescriben terapia hormonal teñen renunciado ás súas obrigas deontolóxicas", relatan na crítica.

Ademais, ao longo do artigo maniféstase que a labor que realizan as entidades asociativas e familias de crianzas trans é "manipulación". O autor do artigo tamén chega a afirmar que as crianzas que manifestan a súa identidade de xénero só o fan por "una percepción acaso pasajera o porque, simplemente, son homosexuales", recollen no escrito. 

Entendendo que "os datos contidos no artigo supoñen unha denigración do colectivo de defensa de dereitos e unha agresión directa ás persoas trans", as entidades presentaron un escrito na Fiscalía de menores, na provincial e na superior de Galicia, as tres con sé na cidade da Coruña. Exisen, así mesmo, que os medios de comunicación cumpran coa "obriga de ser transmisores de información veraz e non voceiros do discurso do odio". Por último e segundo explican, nos vindeiros días tamén informarán á Valedora do Pobo e aos colexios profesionais de xornalistas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Eppur si muove

É inaceitável... A denúncia, por suposto, ademais de indicar alguns problemas de comprensom leitora. Onde di o autor que os trans simulem ser dum género distinto? O que realmente escreve, e cientificamente tem razom, é que umha persoa trans nom pode cambiar de sexo en sentido estrito, só mudar o corpo para asemelhar-se ao outro sexo. O sexo é umha condiçom biológica inalterável derivada de ter umha ou outra combinaçom de cromosomas, e essa combinaçom, insertada no ADN, atopa-se em cada célula do corpo de qualquer indivíduo ainda que faga umha operaçom cirúrgica. Parece-me incrível que a própria comunidade LGTBI confunda género com sexo ao ler o artigo, praticamente inverosímil, e esta é só umha das moitas confussons nas que se basea a denúncia... Em qualquer caso, ainda que tivesse dito todo o que eles lhe atribuem, seguiria sendo igualmente inaceitável a criminalizaçom da opiniom. Nom podemos consentir delitos de pensamento, afetem a quem afetem, abonda já!

1 anonimo2507

Va de retro, Satañas: habemus un f4ch4 de izquierdas (nótese la ironía).

1 Violeta 4

Algunos creíamos que la santa Inquisición ya no existía.