Bernardo Tahoces insiste en non dimitir por estar investigado por un suposto delito de prevaricación

O director xeral de Enerxía e Minas, informou de que non coñece a data para ir declarar ante o xulgado. A principios de maio, o xulgado de instrución número 2 de Noia suspendeu a súa citación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2019 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O director xeral de Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental, non considerou "en ningún momento" a súa dimisión ao entender que "se están facendo as cousas con plena suxeición á legalidade".

A preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa, Tahoces destacou que está "convencido a nivel persoal e profesional" de que as actuacións desenvolvidas pola Dirección Xeral e polo Inega (Instituto Enerxético de Galicia) "axústanse ao ordenamento xurídico".

A demanda de cesamento da súa actividade foi requirida pola plataforma Salvemos Cabana e por membros da oposición, tras coñecerse que o director xeral de Minas está a ser investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental en relación co proxecto de San Finx, en Lousame.

Así mesmo, informou de que non coñece a data para ir declarar ante o xulgado. A principios de maio, o xulgado de instrución número 2 de Noia suspendeu a súa citación despois de que o letrado da Xunta presentase un escrito co que solicitou máis tempo para examinar as actuacións

O director xeral de Minas declara que non considerou a súa dimisión. XUNTA DE GALICIA
O director xeral de Minas declara que non considerou a súa dimisión. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta