Yolanda Díaz cre que Pedro Sánchez repetirá eleccións e entregará España "ás tres dereitas"

Ve "probable" que o presidente español queira facer imposible unha negociación" con Unidas Podemos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/08/2019 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A portavoz de Galicia en Común no Congreso, Yolanda Díaz, ve "probable" que o presidente do Goberno en funcións, o socialista Pedro Sánchez, queira "chegar tarde e facer imposible unha negociación" con Unidas Podemos, por "razóns partidistas".

Así se pronunciou nunha entrevista na TVG que recolle Europa Press, na que Díaz, que forma parte do equipo negociador de Unidas Podemos, lamentou a "portada" recibida por esta formación por parte do PSOE á súa proposta para negociar un goberno de coalición.

"Creo que está a cometer un risco forte. Xa estivo tres meses sen negociar non só connosco, con ningunha formación da Cámara, e é probable que queira esgotar os tempos, chegar tarde e facer imposible unha negociación que é imprescindible", afirmou Díaz. Neste sentido, foi máis aló ao interpretar que os socialistas poden estar "a forzar isto xustamente para repetir as eleccións", o que na súa opinión "é unha gran irresponsabilidade".

PROPOSTA "FLEXIBLE"

Pola súa banda, defendeu a "proposta de síntese, flexible, para a conformación dun executivo" e insistiu na petición para "retomar o diálogo", para o que instou ao PSOE a designar un equipo negociador, lonxe desa "parte de ruído que non axuda".

Cuestionada sobre o punto no que se atopa nestes momentos a negociación, afirmou que "en ningún" e por iso reiterou a súa demanda de retomar o diálogo "con discreción" para avanzar en "as propostas programáticas e despois a definición dun executivo". "Con tranquilidade e naturalidade", resolveu.

Por último, advertiu de que, ao seu xuízo, "é probable que coa repetición electoral entregue as chaves da Moncloa ás tres dereitas" ou, "aínda peor, se repita escenario".

Yolanda Díaz, no centro, abaixo. REMITIDA
Yolanda Díaz, no centro, abaixo. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

A que fora SENADORA na anterior lexislatura VanessaAngustia foi a Caracas e certificou a limpeza das eleccións da ANC de Nicolás Maduro... Agora xa ninguén quere falar de Venezuela? Pois deberan facer autocrítica agás que Amnistía Internacional MINTA (como fan estas tres comunistas de salón!) // https://twitter.com/GamelaNova/stat...

1 Gamela

... e para salvar a situación está ela (Yolanda) a única muller que sabe o que quere dende o minuto un, romper Unidas-Podemos, e logo das eleccións igual lle dan un cargo no PSOE (polos votos recibidos) ? Non é de fiar, que pregunten a Beiras ou a Villares a ver se dan boas referencias desta "artista do postureo" (Eva Solla outra comunista de salón, que debe andar preparando as Autonómicas para pillar cacho!) // Se non cobraran mentras non houbera goberno, veríades que rápido habia acordo... Pero esa moción non a presenta nin Vox!