A muller, unha vítima

Ata non fai moitos anos, a muller aprendía dende nena, xa que así llo ensinaron, que a razón da súa vida era formar un matrimonio, no que atoparía a felicidade. Dende a infancia lle brindaban felicidade, comprensión, respecto e amor, consubstanciais a vida no matrimonio e á unión de parella.

Por José Freire | Pontevedra | 17/04/2012

Comparte esta noticia
Cando ela, desolada, comproba despois que todo aquilo, todas aquelas cousas polas que ilusionada se casou, lonxe de cumprirse, converteron a súa vida nun inferno; cando advirte con desacougo que aquel de quén, como o seu home, debía esperar protección e axuda, en lugar de proporcionarllas, veu ser para ela un verdugo. A muller, así defraudada négase a admitilo.
 
Calquera escusa intenta convertela en xustificación e busca a solución ao conflicto en causas externas, en cousas alleas á propia personalidade do maltratador.
 
Ata certo punto é natural e honesto que así proceda. Se aprendeu de nena que o ideal de vida era a felicidade no matrimonio, ela debe salvala unión. O fracaso do matrimonio e a ruptura familiar convertese nunha cuestión de conciencia persoal. Pensa que é ela quen non está á altura das circunstancias; quizais non sabe cómo tratar ao seu marido; debe pensar nos fillos.. E xorden as inculpacións.
 
O que está a pasar resúltalle incomprensible; mellor que ninguén o saiba, no comprenderían, ninguén o crería. O seu home é outra persoa; fora da casa ten prestixio, a xente o considera, ata o admiran; sen dúbida é ela a responsable da situación, non sabe calarse, non ten o tacto necesario para non molestarlle nos intres menos oportunos.
 
E aquí xorden as exculpacións.
 
El non é malo, é o seu carácter. Son as copas, a súa familia, a súa nai. O seu traballo e as responsabilidades son a causa. O seu Xefe coas súas esixencias. Foi esa muller que se cruzou no seu camiño.
 
 
 
Semellantes ideas bulen na súa cabeza, martirizándoa. É a maneira de xustificala súa permanencia ao lado de quen, nembargante, abusa dela.
 
Nun principio, o silencio das víctimas é cómplice da súa negación ante o evidente. O que non transcende non existe, Os golpes, que nela son ben visibles, diante dos alleos os atribúe a accidentes fortuítos: un golpe coa porta, unha caída ao baixar pola escaleira ou xogando co neno.
 
Ante esto debemos aceptar e poñer en exercicio a nosa propia e persoal responsabilidade, ao tempo que reclamar colectivamente e esixila responsabilidade dos poderes públicos das suficientes estructuras coordinadas, que deben servir de canle e apoio, e buscar vías de saída axeitadas naqueles fogares que, polas circunstancias que sexan, non son capaces ou non teñen capacidade dabondo para dar unha resposta familiar positiva.
 
A evidencia é que todos camiñamos xuntos, porque somos iguais, ao tempo que distintos, e todos necesarios, porque de calquera xeito, como lle escoitei un día a un famoso humorista: a vida é demasiado interesante como para perdelo tempo amargándolla aos demais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
José Freire Funcionario do Corpo Nacional de Policía dende septembro de 1976, entón Policía Armada. Estivo destinado en Pamplona, Bilbao e na actualidade en Pontevedra. En 1981 formou parte da 1ª Xestora do Comité Local de Pontevedra do Sindicato Unificado de Policía na clandestinidade, ata a súa legalización no ano 1986. Desenvolveu os cargos de Secretario Local e Provincial de Pontevedra, de Organización do Comité Federal de Galicia, e dende o ano 2002 Secretario Xeral do S.U.P. en Galicia.