Marea Atlántica denuncia "falta de pagamentos" na renda social municipal durante o verán

"Advertímolo antes da investidura", sinala o partido, que se pon a disposición do equipo de goberno socialista "para resolver el problema".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O grupo municipal de Marea Atlántica denunciou "atrasos" e "falta de pagamentos" da renda social municipal durante o verán, unha situación que vincula co "bloqueo" dos orzamentos de 2019.

Nun comunicado, afirma que o citado "bloqueo" ás contas presentadas por Marea Atlántica durante o seu goberno está a facer que os fondos destinados a esta renda non sexan "suficientes". "Advertímolo antes da investidura", sinala Marea Atlántica, que se pon a disposición do equipo de goberno socialista "para resolvelo".

En concreto, explica que están a producir "atrasos" no abono da mensualidade da renda social municipal correspondente ao mes de agosto e que se acumulan "ata dous meses de falta de pagamento" no caso das novas prestacións concedidas.

Desta situación, culpa ao PP e ao PSOE da Coruña "que votaron en contra dos orzamentos de 2019 en febreiro e impediron, entre outras cousas, incrementar os fondos necesarios para atender todas as solicitudes da renda social municipal", engade.

Lista de Xulio Ferreiro para Marea Atlántica de face ás municipais de maio.
Lista de Xulio Ferreiro para Marea Atlántica de face ás municipais de maio. | Fonte: MAREA ATLÁNTICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta