A "guerra civil" do BNG

No BNG numerosos afiliados forman parte das mesmas familias, como en calquer outra forza política, e mesmo nesas familias convivían diversas tendencias e/ou simpatías con colectivos integrados na fronte.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 17/04/2012

Comparte esta noticia

Eu sei de varios casos tanto no meu concello como en outros, e agora, coa marcha de varias organizacións do Bloque Nacionalista Galego, os debates internos que xa se daban entre familiares nas mesmas casas, recobran unha actuailidade extrema. 

Na guerra civil, foron moi sonados os casos de hirmaos que pelexaban en distintos bandos. No BNG non vai chegar o sangue ao río, pero si antes hirmaos como os Lores formaban parte de distintas sensibilidades pero da mesma organizacion, no futuro enfrentaranse desde forzas rivais e mesmo por un parecido espectro de voto.
 
Así, danse casos nos que unha persoa pertence a +G e a sua dona e Responsábel Local do BNG. Paradoxos do destino que deixan claro que a militancia nacionalista esta fortemente ideoloxizada e que polo tanto resulta difícil de manipular por uns ou outros "aparatos" organizativos.
 
Si a convivencia e posíbel coas diferencias baixo un mesmo teito familiar, o nacionalismo, debera aprender da madurez de moitas destas familias e considerar a calquer galeguista ou nacionalista un "hirmao" e non un inimigo nesta particular guerra civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog