Bautista chama “polisóns” aos críticos que quedan no BNG

O histórico líder da UPG tamén carga contra os que marcharon, aos que acusa de non aceptar a democracia e agora andar facéndolle as beiras a "radicais", mesmo a "grupellos proclives á resistencia armada"

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/04/2012 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

“Non pertence á ortodoxia nacionalista a resurrección dos autos de fe dos tempos da Inquisición, mesmo que haxa quen cre no Santo Oficio igual que nas meigas. Pero si é de rigor manterse vixiantes e distinguir os pasaxeiros dos polisóns. Unha cousa é discrepancia e outra oposición. Se cadra, un dos erros que conduciron á situación actual foi o non ter posto na porta de entrada o cartel de reservado o dereito de admisión”.

Este é un dos parágrafos do artigo de  Bautista Álvarez en Terra e Tempo, o dixital editado pola UPG, o partido máis numeroso dentro do Bloque. Álvarez arremete duramente tanto contra os que acaban de marchar da fronte como os que seguen nela sen aceptar o comunismo da APU, plataforma gañadora das dúas últimas asembleas do BNG e impulsada pola UPG.

Aos que marcharon, o veterano político acúsaos de non aceptar a democracia e de agora andar desorientados buscando socios entre a “seudoesquerda españolista” e o “independentismo radical ou mesmo grupellos proclives á resistencia armada”. De todos os grupos que había no BNG, só quedan dentro a propia UPG, o MGS (unha escisión da UPG) e a minoría de militantes de Máis Galiza, na súa maioría cargos en concellos e no Parlamento, que decidiron quedar no Bloque malia que Máis Galiza marchou . Álvarez relativiza o impacto das escisións pois “non é máis cá un pequeno furuncho que pouco a pouco vai supurando o brume da infección”.

Non saen mellor parados os que quedaron na front, "os que a banda pioneira deixou en retagarda". Álvarez advirte que seguen dentro por conveniencia puramente persoal, é dicir,  “quedaron co santo pola esmola e non por devoción”. Estes “polisóns” continúan no BNG “por medo á friaxe ou non ter garantidos suficientes apoios nas institucións”.

None

Terra e Tempo marca distancias

Non é a primeira vez que Álvarez carga moi duramente contra outras opinións dentro do BNG. Fíxoo, por exemplo, cando asegurou que no Bloque sobraba unto e faltaba cloro.

Iso si, desta vez Terra e Tempo marca distancias coas opinións vertidas polo ex-parlamentario. Así, a publicación da Fundación Bautista Álvarez e órgano de expresión da UPG “recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles”. Noutras palabras, que o artigo do seu ex-voceiro non reflicte necesariamente a opinión da formación que lidera Francisco Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 144 comentarios

61 Purificaçao

O senhor Bautista, na súa percura da pureza absoluta no BNG, vai quedar el sozinho. Ninguén ten a súa altura moral nin espiritual polo que parece.

60 Galicia Confidencial

Varios comentarios deste fío foron eliminados por conter insultos. Grazas á maioría que comentades, sexa cal for a vosa ideoloxía, con educación e sentidiño. Aos que se aproveitan do anonimato para dicir cousas que non dirían a cara advertímolos por enésima vez que de persistir na súa actitude terán a mesma fin que Manoliño http://blog.galiciaconfidencial.com...

59 hola dictadores

UPG=dictadura galega,ide abrindo a mente q o nacionalismo galego nn e eso

58 Autista Pailanez

O FRAGA DA UPG. A extrema dereita e a extrema esquerda son cuspidiñas: o mesmo can con distinto corda.

1 XMF XANCEDA

se fora no facebook darialle a GUSTAME :-)

57 pinchorla

Hai un dito galego moi expresivo e creo que ben acaido para tanta bilis derramada inutilmente, agás para liberar tensión, dirixida a puntos que non deberan ser a diana, esta está na Xunta felicitandose destes comentarios.Por certo máis persoais que políticos,que é o que deberan ser. O dito,"Aos cáns de ladrar,e á xente de falar, non se lles pode privar". Punto e final.