As altas temperaturas marcan este venres, con Ourense en risco amarelo

Por E.P. | MADRID | 23/08/2019 | Actualizada ás 09:37

Comparte esta noticia

A estabilidade e as altas temperaturas volverán ser protagonistas este venres en todo o país. Alcanzaranse máximas de 38ºC en Ourense, onde estarán en alerta amarelo, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). 

Sol
Sol | Fonte: Arquivo

No resto da Península, o AEMET prevé tempo estable con predominio de ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que non se descarta a posibilidade de chuvascos en Baleares e algunha choiva débil no Estreito e Melilla. Así mesmo, desenvolveranse intervalos de nubes de evolución en Castela e León, Estremadura e zonas de montaña próximas.

As temperaturas irán en aumento en Canarias, onde poderán alcanzar valores altos para a zona. En canto ás diúrnas, ascenderán no terzo norte peninsular e notarase máis na área cantábrica. Sen cambios no resto.

En relación aos ventos, na área mediterránea, sur e sueste peninsular haberá ventos de compoñente leste, con levante forte na área do Estreito. Ademais, Canarias terá alisios con intervalos fortes e ventos frouxos no resto de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta