Esixen reducir a poboación de xabaril, teixugo, corzo e cervo para evitar casos de tuberculose

Aperfasa-Galicia denuncia que nove de cada dez animais afectados por esta enfermidade son salvaxes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe de Galicia (Aperfasa-Galicia) esixiu á Xunta a "redución urxente" das poboacións de fauna salvaxe para evitar casos de tuberculose.

Unha parella de corzos
Unha parella de corzos | Fonte: Jojo - Wikipedia.

Nun comunicado, esta entidade subliña que, segundo a información aportada pola Conselleira de Medio Rural, a prevalencia de tuberculose e dun 0,05% en animais domésticos ruminantes ( vacas, ovellas e cabras), mentres na fauna salvaxe (xabaril, teixugo, corzo e cervo) é dun 2%.

Por iso, e ante o resultado destas cifras alertan da posibilidade de que estas enfermidades cheguen tamén ao ser humano. "Estamos a falar aproximadamente de 600 animais domésticos e no entorno de 6000 exemplares de fauna salvaxe", advirte. "Estes últimos supoñen unha enorme reserva de tuberculose que fai imposible a erradicación da enfermidade, e máis é un perogosísimo risco de propagación con consecuencias gravísimas para o gando que tería que ser sacrificado polos contaxios provocados polo contacto coa fauna salvaxe", engade.

Ademais, Aperfasa-Galicia di que os gandeiros tamén poden sufrir as consecuencias "ao poder verse infectados polo contacto cos animais domésticos enfermos ademais de ver como matan os seu gando e quedarían sen ingresos".

CONSECUENCIAS FAUNA SALVAXE

Cada día a poboación de fauna salvaxe segue medrando dun xeito incontrolado, o lobo está máis preto das vivendas e está expandido máis aló do seu hábitat natural, chegando a provocar danos en zonas costeiras. Isto ocorre porque hai excedente da especie, polo que buscan novas zonas nas que asentarse. O valor dos seus danos sube a aproximadamente a cinco millóns de euros.

Pola súa banda, o xabaril estendeuse pola a xeografía galega, española e europea causando perdas por 15 millóns de euros anuais na agricultura e na gandaría. Outras especies como os corzos, cervos, raposos, coellos ou corvos non son tan abundantes pero tamén provocan desfeitas dun gran valor económico.

A estas cifras hai que sumarlle os danos en accidentes de tráfico, lesións a persoas, danos no mobiliario público e outros máis difíciles de cuantificar por falta de datos públicos ao respecto. Aperfasa advirte que se non se erradica a situación, 3.000 explotacións agro-gandeiras están en serio perigo de peche no rural galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Yop

Yaaaaaa, claro...... para evitar La tuberculosis ja/ja/ja 🖕🏼