Temas: AUGA RAMIRáS

O Concello de Ramirás usa camións cisterna para encher o seu depósito de auga pola presenza de arsénico

Esta situación vén repetíndose durante o últimos cinco veráns por mor da seca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

O Concello de Ramirás (Ourense) está a empregar camións cisterna para encher o seu depósito de subministración debida a un aumento na presenza de arsénico, que volve insalubre a auga potable para a poboación.

En declaracións a Europa Press, persoal vinculado ao municipio indicou que se optou por utilizar estes camións para ir enchendo o depósito que abastece aos veciños, "no canto de vir da captación directamente", para paliar este problema.

No executivo municipal tamén aclaran que se irán realizando análises periódicas da composición do encoro para controlar a presenza de arsénico, pero a duración desta medida "é imprevisible".

Esta situación vén repetíndose durante o últimos cinco veráns por mor da seca que caracteriza a zona, de feito, no concello admiten que a "a chegada de choivas atallaría o problema".

Camión cisterna de
Camión cisterna de | Fonte: autoline.pe

Temas: AUGA RAMIRáS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anonimo

Cinco verãos com o mesmo problema no pais da auga. Deprimente...