A RAG recibirá 283.000 euros dunha concesión directa do Goberno central

A norma aprobada este venres ten por obxecto manter o adecuado funcionamento das institucións de interese público, económico e social.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/08/2019 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros aprobou este venres, a proposta do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o Real Decreto polo que se regula a concesión directa de 4,9 millóns de euros para que o Instituto de España, as reais academias e outras entidades académicas conten "con suficientes recursos humanos e materiais". En concreto, a Real Academia Galega (RAG) percibirá uns 283.000 euros.

Segundo informou o Ministerio dirixido por Pedro Duque nun comunicado, corresponde a este departamento a execución da política do Goberno en materia de universidades, investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, a relación administrativa co Instituto de España, reais academias de ámbito nacional e outras entidades dedicadas ao desenvolvemento da cultura, a educación o coñecemento e a investigación.

A norma aprobada este venres ten por obxecto manter o adecuado funcionamento das institucións de interese público, económico e social. Entre as entidades recollidas polo Real Decreto destaca a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, que recibirá 710.000 euros; a Real Academia de Historia, 450.000 euros; a Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, 420.000 euros; a Real Academia Nacional de Medicamento, 300.000 euros; a Real Academia de Ciencias, Exactas Físicas e Naturais, 300.000 euros; a Real Academia de Farmacia, 285.000 euros; a Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, 285.000 euros; o Institut d'Estudis Catalans, 283.070 euros; Real Academia Galega, 283.070 euros; o Instituto de España, 280.000 euros; e a Real Academia de Enxeñaría e a Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, 240.000 euros para ambas.

Tamén recibirán financiamento a Academia de Lingua Vasca, a Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza, a Real Academia de Doutores de España, a Real Academia Gastronomía e a Sociedade deCiencias Aranzadi.

Víctor F. Freixanes, presidente da RAG
Víctor F. Freixanes, presidente da RAG | Fonte: RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

3 cachán

O galego non se vai perder, que a xente dos pueblos seguirá falando o galego de toda a vida, nada de normativo. O que podería estar ben era que desapareceran tantos mantidos e lambóns, que se montan a súa propia película, e temos que pagarlla todos.

1 Pertom

De toda a vida de quem? Porque nos últimos 100 anos castelanizou-se léxica, sintáctica e foneticamente ainda moito mais... O galego de toda a vida que fala vostede nom é o mesmo que o galego de toda a vida de seus avós, e nom digamos já que o galego de toda a vida dos seus tataravós... Em quanto ao prognóstico que fai, arremedando a Nostradamus, contradi todas as estatísticas sobre o estado da língua, que sinalam como queda um pequeno reduto de persoas que se expressam sobre todo em galego e as que combinavam galego e castelám se passam em masa ao castelám exclussivamente, co qual perdem-se moitíssimos falantes e os que nós desenvolvemos exclusivamente em galego ficaremos pouco a pouco no ghetto, coma quem di. Estadísticas, científicos... Que saberám eles? Podendo guiar-nos polos prognósticos inventados de siempre, os de verdá...

2 Euseioquedigo

Noraboa á RAG, presidida por Víctor F. Freixanes.

1 nostrus

¿Dirias o mesmo si esa subvencion fose para o clero para que non se perdera a costume de ir a misa?

2 corvo

Sr. Nostrus o seu galefobismo e antigaleguismo e xenético. colleuno de maior ou é subvencionado polo españolismo fanático e excluinte ?

3 Ingrid

Nostrus, faga o favor, é: ?, dirías, se, o costume... Comente en español, o galego non é o seu (en nengún sentido). Trol.

1 anonimo8075

Estamos asoballados polo centralismo madrileño, que nos obriga a aceptar 283.000 EUR

1 Anonimo

Pois sim, é verdade, estamos asobalhados pelo centralismos madrilenho que merca/cala/chantageia a RAG para que sega com a política atual de servilismo negando-se a bi normativa e condenando a nosso língua a desaparição. A boa nova seria que a RAG não aceitasse esmolas e cumprisse com seus compromissos, citando a Manuel Murgia primeiro presidente “o galego e o português são um mesmo na origem, gramática e vocabulário. Por que não aceitar a ortografia portuguesa? Si nos foi comum em outros tempos, por que não ha de selo de novo?”

2 un normal.

O galego nunca foi portugués, os textos que levan "nh" na idade media son copias da corte portuguesa. Manuel Murguía chegou a dicir que o galego perfecto era o de Rosalía, quen escribía con "ñ".

3 Anonimo

Por suposto que o galego perfeito é o de Rosalia, mas isso não contradisse as citadas palavras de Murguia ““o galego e o português são um mesmo na origem, gramática e vocabulário. Por que não aceitar a ortografia portuguesa? Si nos foi comum em outros tempos, por que não ha de selo de novo?” “, e citando palavras dos ilustrados Feijóo: “o idioma Lusitano, e o Galego são um mesmo”. Sarmiento: “a língua portuguesa pura não é outra que a extensão da galega”. Bi Normativa e a disfrutar de todos os contidos na nossa língua.

4 Anonimo

Cita de Carvalho Calero no seu artigo onde vostede encontrara “nh” “O problema Ortográfico “remitimos à Legenda Aurea, ao fragmento das Partidas publicado polo Doutor Pensado (Prosa 3, pp.212-213), à Regla da Confradia de Santa Tegra (pp. 249-256)”

5 nostrus

Anomino, Por que não aceitar a ortografia portuguesa? Si nos foi comum em outros tempos, por que não ha de selo de novo?” Moi sinxelo: porque xa non estamos neses tempos que mencionas. Si nos afanamos por ollar ao pasado, mesmo remataremos reclamando que se fale latin. Hai que saber nos tempos que estamos, que Galicia "non é unha nacion" e que a realidade lingüistica social galega é a que é.

6 Anonimo

Nostrus diz verdades como punhos, a situação sociolinguística é a que é. Você estará muito satisfeito que a tendência atual leva a desaparição da nossa língua a curto prazo. Fale e escriba castelhano e deixe-nos em paz aos que os que queremos seguir usando a nossa língua, usando a bi normativa e aproveitando todos os recursos das variedades do nosso idioma.

7 Anonimo

A Bi Normativa dará novas posibilidades a nosa lingua, cita de Castelao “Algúns volvíamos de Portugal cos ollos preñados de fremosura e co corazón fendido de saudades, moi ledos de termos visto alí o noso proprio xenio en liberdade. Tamén algún de nós traía libros de versos e deprendíaos de memoria. E non era raro que de volta de Portugal un estudante, que ben podía ser o autor deste libro, ficase máis galego que antes e con ánimos de desentoller as posibilidades dunha Galiza ceibe.”