Animalistas esixen unha Lei Equina tras o achado en Coristanco dunha egua "brutalmente maltratada"

As asociacións indican que este achado se produce "vinte meses despois da posta en marcha da Lei de Benestar Animal de Galicia", na que a Xunta "non quixo incluír aos animais de especie equina".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2019 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber reclamaron este sábado á Xunta a posta en marcha dunha Lei Equina, que dea protección a esta especie, tras o achado en Coristanco  dunha egua "brutalmente maltratada".

Nun comunicado, as asociacións indican que este achado se produce "vinte meses despois da posta en marcha da Lei de Benestar Animal de Galicia", na que a Xunta "non quixo incluír aos animais de especie equina".

"De estar incluídos os cabalos na nova norma autonómica, o responsable enfrontouse a sancións de ata 30.000 euros e á inhabilitación para a tenencia destes animais durante un máximo de 10 anos, o dobre do que está incluído no delito de malos tratos recolleitos no Código Penal", apuntan.

Por ese motivo, e xunto a preto de 168.000 firmas na plataforma Change.org (www.bit.ly/salvacaballos), os defensores dos animais reclamaron a redacción da primeira Lei de Protección Equina autonómica, que dea unha "resposta contundente aos autores deste tipo de actos de profunda crueldade".

A normativa que reclaman a ONG podería incluír cuestións relativas ao rescate e rehabilitación de cabalos, asnos e burros maltratados, establecer acordos con Santuarios e centros de recuperación, así como o compromiso de combater prácticas de malos tratos, como a colocación de cepos e cadeas nas patas dos animais.

Os animalistas reclaman unha lei autonómica equina
Os animalistas reclaman unha lei autonómica equina | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bernal Calvo Delaciga

Estes son os que van a acabar tendo máis votos que os liquidacionistas do grupello Villares/Senra/Fernández.