Un home sofre queimaduras "importantes" ao incendiarse a furgoneta que conducía na Coruña

O lume tamén afectou aos obxectos que transportaba na furgoneta, na que se atopaba material de fontanaría e o capuchón dunha bombona de gas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2019 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Un home sufriu queimaduras "importantes" nas mans despois de que a furgoneta que conducía se incendiase na cidade da Coruña na pasada noite do sábado. Así o confirmou o 112 Galicia este domingo a través dun comunicado, no que precisou que os servizos sanitarios de urxencia trasladaron á persoa afectada ao centro hospitalario de referencia despois das 21,20 horas, que foi cando os efectivos de emerxencias recibiron o aviso do sucedido.

Ademais, apuntaron a que o lume tamén afectou aos obxectos que transportaba na furgoneta, na que se atopaba material de fontanaría e o capuchón dunha bombona de gas. En concreto, o incendio produciuse á altura da Igrexa de San Pedro de Mezonzo, na Coruña, tal e como indicaron varios veciños que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA

Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos bombeiros da cidade para sufocar as chamas que acabou provocando lesións importantes nas mans ao ocupante do vehículo. Deste xeito, ademais dos bombeiros, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta