O 061 atendeu a 73 persoas debido a 53 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana en Galicia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 73 persoas debido a 53 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas o fin de semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 73 persoas debido a 53 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas o fin de semana.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 23 de agosto e as 23,59 horas deste domingo un total de 65 chamadas en relación con sinistros na rede viaria galega. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado, con 19.

Os recursos mobilizados polo 061 ascenderon a 62. En concreto, as ambulancias realizaron 60 saídas; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia nun sinistro.

En 62 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións recibiron atención no mesmo lugar do incidente. A proporción de homes atendida situouse no 54 por cento e a de mulleres no 46%. En canto ás idades dos feridos, o 41% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña foi a provincia que rexistrou máis accidentes, con 25, durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 22; e Lugo e Ourense, con tres en cada caso.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta