Ana Pontón: "Se hai novas eleccións, serán unha oportunidade para cambiar o desprezo por solucións"

"A Galiza vaille mal cando non hai nacionalistas representando os seus intereses en Madrid", asegurou a portavoz nacional do BNG nunha rolda de prensa na que apelou a "romper co centralismo" e a crear un novo modelo de financiamento para o país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/08/2019 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou a creación dun novo modelo de financiamento para Galicia como medida para "romper co centralismo" e para que Galicia se "autorresponsabilice dos seus recursos". Así o expresou este luns en rolda de prensa logo de que tivera lugar a primeira executiva do BNG tras o parón estival. 

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG

"INSIGNIFICANCIA POLÍTICA"

Durante a comparecencia fixo fincapé na "profunda crise política" que se vive no Estado e onde se "evidencia que o centralismo é un lastre para Galiza". Pontón criticou o papel que toman os partidos estatais, amparados, segundo di, "no partidismo cutre e na incapacidade para dar resposta á altura do momento". Respecto dunhas posibles eleccións, o BNG di estar preparado e veas como unha "oportunidade para cambiar o agravio e o desprezo por solucións". Neste sentido, insta a Sánchez a ser claro coa cidadanía. 

Neste contexto en que, por unha banda, a dereita busca fusionarse e "branquexar a extrema dereita", e pola outra, PSOE e Podemos continuan "instalados no reproxe e no debate estéril", a portavoz conclúe que para as forzas estatais, "Galiza non pinta nada". Fronte á "insignificancia política", Pontón só ve unha saída: "Ou alzamos a voz e nos facemos valer en Madrid ou non haberá solucións".

FRONTES ABERTOS

Pontón puxo énfase na "crise demográfica", cada vez "máis aguda", e na "crise industrial", da que recordou a baixada das exportacións e a deslocalización das empresas. "O caso de R é todo un paradigma". Tildou de "sen sentido" que o sector electrointensivo, xustamente en Galicia, estea en crise e con "miles de postos de traballo en crise". 

A isto súmase, segundo Pontón, o problema que xera o actual modelo de financiamento. Se ben fixo referencia aos 700 millóns de euros que o Estado debe a Galicia, Pontón reclama que o debate non se reduza a iso. Recordou, xa que logo, os 200 millóns de dependencia, o diñeiro presupostado na alta velocidade e a débeda do porto exterior da Coruña. Dende o BNG instan ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a utilizar todas as vías posibles: "que se faga presión política pero tamén xudicial". "Botamos de menos un goberno cunha folla de ruta clara", asegura.

RECUPERAR PESO

Por todo isto, Pontón apelou a mudar o modelo de financiamento que "discrimina" o país. E puxo as miras en Euskadi - con Facenda propia - como exemplo a seguir. Se ben "co centralismo a Galicia lle vai mal", Pontón anunciou que levarán ao Parlamento unha proposta para que o Estado non sexa quen decida o teito de gasto e para que Galicia teña a autonomía suficiente para contratar o persoal da administración "sen pedir permiso a Madrid". Isto, segundo explicou, será no que traballarán nos próximos meses: en "recuperar peso e personalidade". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Rexeneracionista

Oxalá haxa unha coalición técnica BNG-En Marea-CxG para o 10-N.

1 Centroeuropeo

Subscribo.

2 Roxalia

Coalición técnica BNG-En Marea-CxG para o 10-N = 0 escanos.

3 Gamela

mentras a UPG siga dirixindo o BNG estarán na liña Agora Repúblicas (é dicir pactar o PSOE para seguir outros 50 anos chorando pola Galicia que non temos!)

2 Ramiro L.

O BNG ten que porse as pilas porque non acadou representación en Madrid por moi pouco e todos vimos os resultados: a Yoli e o Tone máis Cs "gallegos coma tu-rurú". E que vaian pensando en que o narcopresidente fará todo o posible pra facer coincidir as nacionais galegas coas nacionais bascas pra agochar o fracaso cantado do PP en Euskadi e aproveitar o discurso españolista pra manter a maioría en Galiza. Fíxoo unha vez e faráo de novo porque este "territorio" impórtalle 0. Hai que botalos votando BNG.

1 Da U

Falando de crise demográfica en Galicia, tes fillos anita? Non será por falta de dinero no teu caso.