"Unanimidade total" na elección do novo alcalde de Santiago

Angel Currás asegura que a súa designación como sucesor de Conde Roa no Grupo Popular da capital galega foi "unánime" e anuncia que continuará a liña comezada polo seu antecesor. Os grupos da oposición deséxanlle "sorte" na súa vida persoal.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/04/2012 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

"A unanimidade foi total e síntome apoiado por todos", insistiu este martes o novo alcalde de Santiago, Ángel Currás, tras a súa investidura como alcalde, e nunha rolda de prensa improvisada.

None

 

Precisamente, a Currás preguntóuselle por se a súa elección como sucesor de Conde Roa fora unánime dentro do Grupo Municipal. "Síntome moi respaldado por todos", insistiu.

 

Os edís do Grupo Municipal Popular de Santiago mantiveron o pasado domingo unha reunión para designar novo candidato. Nesa reunión non participou nin Feijóo, nin Conde Roa. O primeiro apostaba pola portavoz municipal e deputada Paula Prado, mentres que o segundo decantouse, desde o principio, por Angel Currás. Finalmente, os concelleiros populares apostaron por este último. "Pero calquera dos meus doce compañeiros sería tan válido como eu para asumir este cargo", precisou respecto diso o novo alcalde que quixo quitar importancia á súa designación.

 

PSdeG e BNG evitan as críticas

 

A elección de Currás no pleno municipal veu precedida doutra breve sesión na que Conde Roa presentou formalmente a súa dimisión. Unha dimisión que foi aceptada por todos os grupos municipais e na que evitaron, especialmente, o PSdeG e o BNG, atacar ao ex alcalde.

 

De feito, tanto o portavoz socialista e ex alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, como o líder local do BNG, Rubén Cela, aproveitaron a súa intervención para felicitarlle pola decisión adoptada e para desexarlle "sorte" na súa vida persoal. 

 

"Tomou a decisión correcta desde o punto de vista da hixiene democrática e polo ben da imaxe de Santiago", sinalou Cela, mentres que Bugallo apostou por "pasar páxina" aos enfrontamentos que ambos mantiveron nos últimos meses.Tamén a portavoz popular, Paula Prado, destacou a "humanidade que sempre presidiu as decisións" do alcalde, así como a súa "fiel defensa" da cidade.

 

"Responsabilidade"

 

"Asumo unha responsabilidade difícil pero, coa axuda deste gran equipo, continuaremos coa mesma liña de traballo que até agora". O novo rexedor ten claro o seu traballo futuro. Polo momento non haberá cambios na política que, até o momento, desenvolveu Conde Roa.

 

Precisamente, o novo alcalde referiuse varias veces ao seu antecesor con palabras de agarimo e de agradecemento e presumiu da súa "amizade" co xa ex rexedor de quen dixo que "foma parte da súa vida persoal". Por iso non dubidou en resaltar publicamente a súa figura; "a asunción de responsabilidades políticas non deben ocultar a súa dignidade como pai e alcalde", indicou. 

 

"Perdón"

 

Na súa despedida, Conde Roa, volveu pedir desculpas e agradeceu o respaldo recibido por parte do seu grupo municipal. "Pido perdón se faltei o respecto e a dignidade desta casa pero fíxeno sen ningunha intención", sinalou á vez que insistiu en que marcha "sen rencor" e con "novas ilusións".

 

Biólogo e xerente da CdC

 

O novo alcalde ten 57 anos e é doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Até hoxe era o primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela.

 

Ten unha dilatada experiencia profesional e politica. Foi xerente da Cidade da Cultura de Galicia desde 2001 a 2005 e, antes, xerente do proxecto cultural 'Santiago de Compostela, cidade europea da cultural do ano 2000", desde 1996 a 2001. Desde 2005 foi membro asesor da RTVE en Galicia e, desde, 2007, concelleira en Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 Bruar

Iso de unánimidade total é exclusivamente para consumo dos militantes populares. Ao resto da cidadanía pento que esa unanimidade prodúcelle certa inanidade. Bendito sexa JesúsCristo que trouxo ao anterior alcalde, e toda a curiosa masa supostamente benpensante do Opus Dei. Este é novo? si o é, que novidades nos traerá?

7 Arenga

Outro nacionalista espanhol antigalego mais.

6 anonimo

A mi me gusta. Se cargó el Correlingua.

1 Xan da Creba

O de Correlingua era que para te fixabas nos seus insultos, nos seus deseleixos que facía coa man esquerda mentres roubaba coa man dereita como intentas ti agora ... só sabedes destruir e roubar, iso si disfrutades abusando dos debiles e deprendando na xente, isto tamén é unha motivación para vos!

5 galegoexiliado

Bueno, vaise o defraudador e deixa no seu posto o encubridor. Teñense tan pillados uns a outros que todo son sorisos e parabens. O curriculo de este que ven é pa botarse a tremer. ¿Acabará o Concello como a Cidade do Despilfarro? (Eso sí, sobresehida pola justicia popular). A oposición, como sempre, ni está ni se la espera, non lles chegou a paliza do ano pasado, eles ó seu, total siguen cobrando....e creen que coas boas maneiras e o efecto Roa van a recuperar esa ducia de votos que lles faltaron.

4 Antón

O home ten cara de home honrado, sendo do PP eso non é ningún garante, mais merece un voto de confianza, pode ser a excepción que confirme a regla. Pero eu coido que colleron unha boa persoa, pra así poder roubar a esgallo os seus camaradas na sombra.