"Unanimidade total" na elección do novo alcalde de Santiago

Angel Currás asegura que a súa designación como sucesor de Conde Roa no Grupo Popular da capital galega foi "unánime" e anuncia que continuará a liña comezada polo seu antecesor. Os grupos da oposición deséxanlle "sorte" na súa vida persoal.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/04/2012 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

"A unanimidade foi total e síntome apoiado por todos", insistiu este martes o novo alcalde de Santiago, Ángel Currás, tras a súa investidura como alcalde, e nunha rolda de prensa improvisada.

None

 

Precisamente, a Currás preguntóuselle por se a súa elección como sucesor de Conde Roa fora unánime dentro do Grupo Municipal. "Síntome moi respaldado por todos", insistiu.

 

Os edís do Grupo Municipal Popular de Santiago mantiveron o pasado domingo unha reunión para designar novo candidato. Nesa reunión non participou nin Feijóo, nin Conde Roa. O primeiro apostaba pola portavoz municipal e deputada Paula Prado, mentres que o segundo decantouse, desde o principio, por Angel Currás. Finalmente, os concelleiros populares apostaron por este último. "Pero calquera dos meus doce compañeiros sería tan válido como eu para asumir este cargo", precisou respecto diso o novo alcalde que quixo quitar importancia á súa designación.

 

PSdeG e BNG evitan as críticas

 

A elección de Currás no pleno municipal veu precedida doutra breve sesión na que Conde Roa presentou formalmente a súa dimisión. Unha dimisión que foi aceptada por todos os grupos municipais e na que evitaron, especialmente, o PSdeG e o BNG, atacar ao ex alcalde.

 

De feito, tanto o portavoz socialista e ex alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, como o líder local do BNG, Rubén Cela, aproveitaron a súa intervención para felicitarlle pola decisión adoptada e para desexarlle "sorte" na súa vida persoal. 

 

"Tomou a decisión correcta desde o punto de vista da hixiene democrática e polo ben da imaxe de Santiago", sinalou Cela, mentres que Bugallo apostou por "pasar páxina" aos enfrontamentos que ambos mantiveron nos últimos meses.Tamén a portavoz popular, Paula Prado, destacou a "humanidade que sempre presidiu as decisións" do alcalde, así como a súa "fiel defensa" da cidade.

 

"Responsabilidade"

 

"Asumo unha responsabilidade difícil pero, coa axuda deste gran equipo, continuaremos coa mesma liña de traballo que até agora". O novo rexedor ten claro o seu traballo futuro. Polo momento non haberá cambios na política que, até o momento, desenvolveu Conde Roa.

 

Precisamente, o novo alcalde referiuse varias veces ao seu antecesor con palabras de agarimo e de agradecemento e presumiu da súa "amizade" co xa ex rexedor de quen dixo que "foma parte da súa vida persoal". Por iso non dubidou en resaltar publicamente a súa figura; "a asunción de responsabilidades políticas non deben ocultar a súa dignidade como pai e alcalde", indicou. 

 

"Perdón"

 

Na súa despedida, Conde Roa, volveu pedir desculpas e agradeceu o respaldo recibido por parte do seu grupo municipal. "Pido perdón se faltei o respecto e a dignidade desta casa pero fíxeno sen ningunha intención", sinalou á vez que insistiu en que marcha "sen rencor" e con "novas ilusións".

 

Biólogo e xerente da CdC

 

O novo alcalde ten 57 anos e é doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Até hoxe era o primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela.

 

Ten unha dilatada experiencia profesional e politica. Foi xerente da Cidade da Cultura de Galicia desde 2001 a 2005 e, antes, xerente do proxecto cultural 'Santiago de Compostela, cidade europea da cultural do ano 2000", desde 1996 a 2001. Desde 2005 foi membro asesor da RTVE en Galicia e, desde, 2007, concelleira en Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 cardoso

Desexa o alcalde novo seguir na mesma liña do antecesor, tamén con Facenda? E por riba a "oposición" vai de pasteleo co defraudador! Unha vez máis, PP, PSOE e BNG a mesma lindeza é, e xa van...

2 Black Crow

Dios Mío, menudo currículum, que el Señor nos coja confesados, hasta Nestor Rego estaría mas preparado.

1 Antón

Si é do PP, millor que non teña moita traxectoria anterior. Canto menos contacto co poder, menos puido roubar, estorsionar, sobornar, defraudar....

1 Un de Santiago

De GuateConde a GuateCurrás. Este carallo chega co marchamo de calidade chouriceira de ter sido durante anos o mandamáis da Fundación do mausoleo erixido no Gaiás en honor do fascista. De verdade que o partido franquista non ten ninguén menos malo en Compostela?