GC Aberto

A conselleira de Traballo mófase duns pais que protestaban contra o peche dunha escola

A Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, dona Beatriz Mato, dá un “bailecito” de burla ao compás dos cantos “Non, non á privatización” e “Solución para Narón” en favor das escolas. A.N.P.AS das Escolas Infantís Municipais de Narón esixen a súa dimisión e as desculpas públicas inmediatas pola falta de respecto á cidadanía.

Por nonsei | GC ABERTO | 18/04/2012

Comparte esta noticia

Nota do representante das ANPAS das Escolas Infantís Municipais de Narón, Óscar Mouriz.

 

“O pasado día 12 de abril mantivemos unha reunión na Xunta de Galicia coa Secretaria Xeral de Política Social, señora Coro Piñeiro, e co Xerente do Consorcio, don Roberto Rodríguez.
Na devandita reunión trátanse varios temas. O primeiro, logo de preguntar pola postura da Xunta neste tema, e sen responder sequera, foi preguntarnos ás ANPAS alí presentes se sabiamos que o concello perdera uns 40.000 (corenta mil) euros en subvencións. Pois ben, a pesar de poder “meter a pata” (xa que nin somos políticos, nin economistas, nin manexamos ese tipo de documentación), entendemos que non poden estar perdidos xa que a nosa información é que están recorridos e que desde a data do 2 de decembro do ano 2011 non se obtivo resposta a ese recurso desde a Administración.
Pero non imos ser as ANPAS as que defendamos neses conceptos ao Concello de Narón. Cremos que son suficientemente competentes como para facelo eles sós.
Outro dos puntos foi a xustificación de que os orzamentos estaban pechados e a planificación, feita, polo que non se podía facer nada xa. Sabemos que en casos excepcionais e urxentes, como consideramos que é o de Narón, se poden buscar solucións nese aspecto. Pero, aínda así, temos o caso do municipio de Boiro, que, con data 22 de febreiro de 2012, recibe a visita da Conselleira, señora Mato, e anuncia a próxima construción dunha escola infantil da rede Galiña Azul, o que colle por sorpresa ao Señor Alcalde, que nin sequera ofertara os terreos e se atopaba co problema de non saber onde situala. É esa devandita planificación que se facía con tanta antelación á que se refería a señora Piñeiro e o señor Rodríguez?
En ningún momento desta reunión se cita o feito de que na lexislatura pasada o Concello de Narón nega á Xunta a transferencia da xestión das E.I.MS, tal e como se filtra á prensa esa mesma tarde. Como A.N.P.As esiximos que se ese documento existe a Xunta de Galicia o saque á luz, xa que é unha das escusas que se esgrimiu durante todo este tempo como cabalo de batalla para negar a citada cesión.
Tamén, diante da pregunta de por que non estaba o Concello sentado nesa mesa de reunión, nos responden que non tiveron notificación ningunha de petición de entrevista con eles, resposta que queda desmontada cando se presentan documentos de varias peticións desde o ano 2009, ás cales responden cun simple “disto non sabemos nada”; feitos todos estes que nos fan pensar que pouco menos que se intenta usar a nosa presunta ignorancia en determinados temas políticos, chegando ata a sentirnos ofendidos en ocasións, xa que nós, como pais, usamos o noso tempo que roubamos ás nosas familias e ata ao noso traballo persoal, e pondo os nosos medios para iso, somos recibidos en Santiago para dilatar máis no tempo unha solución que consideramos urxente.
Estes puntos e outros non tan destacables pero igual de importantes foron insostibles por parte da señora Secretaria Xeral e do señor Xestor, e fan que saiamos desta reunión insatisfeitos e con máis preocupación, pois seguen negándose a asumir a xestión das escolas aínda tendo a competencia única e exclusiva deste servizo, e sen achegar sequera o mínimo do terzo que se pedía, e con ningunha outra conclusión que a de volver dentro duns 15 días a sentarnos nunha mesa, esta vez co Concello presente, como así criamos que debería ser esta vez.
Ademais, tamén quero aproveitar este escrito para denunciar un feito que nos parece, como se poderá ver, inadmisible e indignante.
O pasado 13 de abril (un día despois desta reunión), no Concello de Carballo, celébrase un acto de inauguración da escola pertencente á rede Galiña Azul, ao que acode o señor Xerente do Consorcio, don Roberto Rodríguez, e a señora Conselleira (das escolas infantís), dona Beatriz Mato. Ata alí trasladámonos un grupo de pais afectados pola problemática das escolas de Narón cun grupo do sindicato C.I.G.-Ensino para, como está regulado por lei, exercer o noso dereito á protesta.
Nun momento concreto, alguén da súa comitiva diríxese a nós para increparnos dicíndonos que “o problema de Narón que o resolva o seu Alcalde”, e ata a señora Mato chega a dicir nun ton pouco adecuado, cando escoita as protestas de que queremos unha solución para Narón, que ”hai moitas” [escolas], palabras que nos parecen bochornosas.
Pero isto non quedou aquí, senón que á saída do acto da escola e baixo os cánticos de “non á privatización” e “solución para Narón” quedamos perplexos cando vemos que a señora Mato corea eses cánticos e os acompaña cun esperpéntico baile en ton mofa e burla aos alí presentes.
Por iso desde as A.N.P.AS de Narón esiximos a dimisión de dona Beatriz Mato e as desculpas públicas inmediatas por esa falta de respecto, non só aos alí presentes senón a toda esa xente que ela, como parte do goberno da Xunta, representa.
Non estamos dispostos a tolerar nin a máis mínima falta de respecto á xente que reclama legal e pacificamente os seus dereitos, e que parece que a algúns estamentos tanto molesta pola difusión que grazas aos medios estamos dando a un problema tan grave.”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

5 Martin

Non hai dereito. Esta no paro e a sua muller tamén. Non poden coidar os seus fillos? Temos que coirdallos os demáis cos nosos impostos. E ainda por riba eu teño que mandar os meus a privada porque traballamos os dous.

1 Santos

Que desvergonza ten vostede, cando os nenos entraton na gardería non estaban no paro, parecelle a vostede unha sorte estar no paro?. O seus van a privada por non ter praza?, acoso non van a unha privada subenvionada (concertada)?. Non sexa venenoso.

2 Polos dereitos

Martin,q sorte!!acabo de enterarme de q non teño q pagar impostos por estar no paro!!!Grazas pola información!Pero q cara dura tes!eu estoy no paro e coido dos meus fillos,ou mandalos a escola é abandonalos?porque igual son neso tamen ignorante.pensade o q escribides,porque facedes moito dano a xente q defende os dereitos q outros recortan,estando no paro ou non.Cecais a vostede dentro de pouco lle pase o mesmo q a 5 millons de persoas e cambie d opinión e nos vexamos nestas pacinas defendendo un ben comun.un saudo

3 Laura Pazos

OSTRAS MARTIN!! tu mandas o mandarás a tus hijos al colegio a partir de los 3 años? con el pensamiento que tu tienes seguro que si trabajas lo harás para que te cuiden de ellos, pero si estas en el paro te quiero ver cuidando a tus hijos en casa eh! que la educación no es obligatoria hasta los 6 años! por si no lo sabes esto no son guarderías, son escuelas infantiles y completan los cursos que no hay en el colegio, en el colegio los niños a los 3 años empiezan en 4º de educacion infantil porque 1º, 2º y 3º se cursa en estos lugares a los que tu llamas guarderías y que en realidad se llaman escuelas infantiles.

4 Cristina R.

Hola Rafael, Qué fácil es hablar desde el sofá de casa, yo no te veo mojándote el culo en el concello cuando llueve, a él sí lo he visto. Yo soy mamá de uno de los niños y voy a todo lo que planifican, por desgracia, para muchos es una cuestión política y no se molestan ni en acudir a las movilizaciones, pero como los niños no tienen culpa yo quito tiempo de donde no lo tengo y me mojo el culo si hace falta, por ellos y por las educadoras que los cuidan, los quieren y los protegen todos los días cuando nosotros no estamos. Únicamente decirte que todos estamos afectados por este asunto, es como si me dices que te van a quitar la sanidad pública y yo te digo que me trae sin cuidado porque me pago un seguro de Adeslas, ¿qué sentido tiene?, es una pena que la gente no se haga eco, por desgracia en estos tiempos la gente no mira más que por sí mismo.

3 Rafael

La nota de este tío es panfleto propagandístico impropio en una persona que dice defender los intereses de los padres. Con razón los padres no acuden a prácticamente ninguna de sus convocatorias y actos de protesta. Simplemente son capaces de juntar a las profesoras que se juegan su puesto de trabajo y a todos los "afines" al régimen que se les prestan para hacer el numerito. En el caso de la guardería de la Gándara tuvieron que fichar a toda una tropa de adeptos al régimen que ni tienen niños en la guardería ni son afectados en absoluto. Este muchacho debe de estar intentando ganar puntos a ver si lo ficha alguien.

1 Impropio de seu

O propio é ver a concelleira meneando o bullarengue namentres aplican recortes, ó xeito de Conde Roa celebrando o Nadal. Máis que o partido do goberno semellan todos unhas "mamachichos" cutres. En fin...

2 Rafael2

Se nota q a ti t falto esa educación q reclaman los padres.Tu y la Mato seguro q fuisteis en la misma aula.Que pena de sociedad q permiten q la gente q nos gobierna se orinen encima de uno y digan q llueve anparados por unas siglas,e intenten echar mierda a una gente q reclama lis derechos q les pertenecen,lo dicho,q pena!!

2 Uno

Repugnates estes personaxes do PP. Hasta cando imos aturar?

1 nonsei

Mentras a bailaina Concelleira Beatriz Mato movía el "pompis", su comitiva del PP aplaudía de "regocijo".