Mato búrlase das reivindicacións duns pais

A conselleira de Traballo e Benestar fixo mofa na cara dos proxenitores que reclamaban o mantemento da escola infantíl de Narón, segundo denuncian os afectados e proba este vídeo.

Por Walter Burns | Carballo | 18/04/2012 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Non só non se dignou a pararse para falar con eles, senón que mesmo se mofou na súa cara das súas reivindicacións. Esta é a acusación que fan os pais das escolas infantís de Narón á conselleira de Traballo. Tamén é o motivo polo que piden a súa inmediata dimisión.

Os proxenitores subiron a súa versión dos feitos ao GC Aberto, que permite aos lectores do GC publicar directamente neste diario. De acordo a este texto, a política do PP burlouse dos pais cando protestaban ás portas dunha inaguración doutra escola infantil en Carballo.

Os afectados denuncian que "baixo os cánticos de 'non á privatización' e 'solución para Narón' quedamos perplexos cando vemos que a señora Mato corea eses cánticos e os acompaña cun esperpéntico baile en ton mofa e burla aos alí presentes". No vídeo distínguese como a conselleira corea os cántigos con xesto de burla.

None

A Xunta cala

GC púxose en contacto co gabinete de comunicación da Consellería de Traballo para dar conta da versión da mandataria. Este diario non recibiu  resposta dende a Xunta.

O conflito de Narón nace pola posibilidade do peche da escola infantil, titularidade do Concello, gobernado por Terra Galega. A Xunta di que non contribuirá ao mantemento da gardería, alegando entre outros motivos que o Concello presentou fóra de prazo a xustificación dunha subvención de 40.000 euros. A propia Mato dixo que é "responsabilidade" municipal manter os servizos que "unilitaralmente" se lanzaron.

Os pais alegan que mentres se nega o apoio a esta escola pública Mato inaugura escolas da Galiña Azul que serán xestionadas por entidades privadas. Dende hai unha semana, os proxenitores desenvolven unha folga de fame simbólica por quendas. Contan co apoio do sindicato CIG-Ensino, que os arroupou na protesta de Carballo onde se produciron os incidentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 video

2 Pedrolo

Hay que informarse mejor!!! Como que gobierna en minoría? Hay un tripartito con el PSOE y con el BNG. Lo dice todo...

1 Pedrolo nos dentes

"Pedrolo no me toques el moño". Que eres, de Naron do PP claro....

1 Lois

Mato milita no PP pero ben o podería facer na UPG, tanto monta monta tanto. Unha panda de impresentables e anti-galegos todos eles

1 TEOtaménémeu

... e logo os da obsesión e o odio eran "os da U"?!!? xDD

2 Calquera

Estas enfermo Lois, vai o medico.

3 Unmesmo

ai mi madriña como andamoooos!!!

4 Salgado

Ti que fumas meu???