Temas: AUGA DATOS ENCOROS

Os encoros galegos seguen baixando: perden outros 24 hm3 de auga e sitúanse ao 70,3% da súa capacidade

En todo caso, as cifras son superiores ás rexistradas hai un ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon outros 24 hectómetros cúbicos de auga durante a última semana e sitúanse actualmente ao 70,3% da súa capacidade total, segundo os datos feitos públicos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

En concreto, os encoros da conca Miño-Sil teñen actualmente 2.103 hectómetros de auga embalsada, o que supón o 69,4% da súa capacidade. A pesar do descenso, os valores sitúanse por encima dos rexistrados hai un ano (2.067 hectómetros) e da media dos últimos 10 anos para estas datas (1.946).

Pola súa banda, os encoros de Galicia costa baixaron ata os 509 hectómetros de auga embalsada, co que están ao 74,4% da súa capacidade. Tamén neste caso as cifras son mellores ás do ano pasado (478 hectómetros cúbicos) e á media da última década (450).

A nivel nacional, a reserva hidráulica española está ao 45,7% da súa capacidade total, con 25.659 hectómetros cúbicos de auga embalsada. Na última semana perdéronse 573 hectómetros cúbicos, o que supón un 1% do total.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: AUGA DATOS ENCOROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta