Temas: SALARIOS EMPREGO

Os traballadores galegos traballaron máis de sete de millóns de horas extra remuneradas en 2018

Esta cifra supuxo un aumento do 3% con respecto ao ano anterior, no que se traballaron 6.954.690 horas extra en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O conxunto dos traballadores galegos realizou máis de sete millóns de horas extra remuneradas durante o ano 2018, segundo a empresa de recursos humanos Randstad. Nun comunicado de prensa sobre os resultados da análise de evolución das horas extra remuneradas dos profesionais españois, Randstad revela que durante o último ano os galegos rexistraron 7.161.810 horas extraordinarias.

Esta cifra supuxo un aumento do 3% con respecto ao ano anterior, no que, segundo os datos de Randstad, producíronse 6.954.690 horas extra en Galicia. No ámbito individual a empresa indica que cada ocupado galego fixo unha media de 7,2 horas extra, o que supón un crecemento de 9,1% con relación a 2017. Con respecto a este dato, o estudo confirma que, a pesar do crecemento experimentado durante 2018, Galicia atópase 0,9 puntos por baixo da media nacional (8,1).

EXISTEN SOLUCIÓNS "MÁIS ADECUADAS"

O director de Relacións Institucionais de Randstad, Luís Pérez, afirmou que "o recurso das horas extraordinarias pode ser positivo en momentos de alto volume de traballo, pero non é unha boa solución de maneira recorrente".

Para Pérez existen solucións "máis adecuadas" como os contratos a xornada parcial ou de duración determinada, "que permiten non saturar aos empregados con esgotadoras xornadas de traballo". O directivo de Randstad tamén mencionou que as horas extra, a pesar de ser remuneradas, "alteran a conciliación entre vida persoal e vida laboral".

Camareiras de piso. EUROPA PRESS - Arquivo
Camareiras de piso. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: SALARIOS EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta