Temas: GALICIA EMPRESA

Máis do 33% dos parados en Galicia son de longa duración

Crece o número de folgas en Galicia no primeiro trimestre pero baixa a participación, segundo un estudo de Adecco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

O 32,4% dos parados españois e o 33,1% dos galegos está nesa situación desde hai polo menos dous anos (longa duración), segundo suliña un informe de Adecco.

A pesar da redución de 3,9 e 5,3 puntos porcentuais, respectivamente, segue sendo un problema, advirte a compañía, ao apuntar que un de cada catro parados de longa duración da Unión Europea reside en España.

Con todo, en Galicia, o grao de cobertura dos parados leva crecendo oito trimestres seguidos: un 69,2% dos parados galegos cobra unha prestación tras crecer esta magnitude 13,1 puntos porcentuais. En canto á sinistralidade laboral, en Galicia hoxe en día rexístranse 66,2 accidentes cada 10.000 ocupados (+1,2% interanual) fronte aos 67,8 de media en España (+1,5%).

Durante o último ano, case a metade dos empregos creados na autonomía galega foi a tempo parcial (10.700; +7,2%). Así, un 14% da xente que traballa na comunidade faino a media xornada (é a cuarta comunidade con menor proporción de empregos a tempo parcial).

Parados
Parados | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

O número de folgas crece na primeira metade do ano: agora rexístranse en Galicia 24,6 conflitos cada 100.000 empresas (+27,4% interanual). Con todo, cae notablemente a participación nelas (-44,4%, a terceira maior redución, quedando en 35,1 folguistas cada 10.000 ocupados). Polo que, de media, as folgas tiveron un seguimento menor ao longo dos últimos doce meses na comunidade.

SALARIO

O salario medio en Galicia acumula dez trimestres seguidos de crecemento e alcanza agora 1.519 euros mensuais tras incrementarse un 2,3% nos últimos 12 meses e marcar un novo máximo, segundo un estudo de Adecco.

Se se ten en conta a inflación e analízase o poder de compra do salario, a situación mellora, segundo destaca esta empresa de recursos humanos, pois Galicia é unha das cinco comunidades que hai un ano mostraban unha deterioración no poder de compra do salario medio pero agora presentan unha melloría.

No caso galego pasouse de perder un 0,4% no último informe de Adecco a gañar agora un 1,6% de capacidade adquisitiva.

Temas: GALICIA EMPRESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta