O Concello de Santiago prevé recolocar a nenos noutros centros escolares para "reaxustar" o mapa escolar

"Non ten sentido ter colexios con 170 alumnos e construír novos. Temos que ver a posibilidade de optimizar os centros educativos que temos", destaca o alcalde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago baralla a posibilidade de levar a cabo un "reaxuste" do mapa escolar co fin de evitar a "saturación" dos centros da área sur, que nalgúns casos superan os 500 alumnos, fronte aos da zona norte, que non chegan aos 200.

Diso informou o alcalde, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, este mércores nunha rolda de prensa na Alcaldía, onde comentou a existencia de "un problema" con respecto aos centros educativos da capital galega.

"Temos un problema importante en Castiñeiriño, Pontepedriña, Conxo e Villestro. Hai seis centros saturados e nove que podían incrementar a súa capacidade", dixo. Así mesmo, no cómputo global, Bugallo afirma que Santiago conta con 15 centros e preto de 3.000 alumnos, polo que sairían a "200 alumnos por centro", unha proporción "moi aceptable".

Ante o reclamo das Asociacións de nais e pais de alumnos (AMPA) pola convocatoria dun Consello escolar municipal, Bugallo insta as organizacións a porse en contacto coa Concellaría de Educación para tratar o conflito. "Forma parte da nosa intención convocar o Consello Escolar Municipal", afirmou o edil. Conforme a isto, tamén fixo fincapé en que a última vez que se convocou, fai nove anos, el estaba á fronte do Concello. "Tiveron que esperar a que volvese, pero haberá Consello", ironizou o socialista.

Na súa intervención, Sánchez Bugallo comentou a existencia de negociacións coas concelleiras de Urbanismo e Educación para levar a cabo unha "ampliación" dos espazos de Villestro, Lamas de Abade e Pontepedriña. No entanto, con respecto ao centro de Lamas de Abade, o socialista explicou que "aínda quedan 500 vivendas por construír" na zona, polo que é "previsible" que no próximos tres ou catro anos a demanda "suba un pouco".

De momento, o socialista afirma que a concelleira responsable manifestou a disposición para axustar as zonas, o que Bugallo considera "imprescindible e razoable" desde o punto de vista da "racionalidade do gasto público". "Non ten sentido ter colexios con 170 alumnos e construír novos. Temos que ver a posibilidade de optimizar os centros educativos que temos", sinalou.

O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo. CONCELLO  - Arquivo
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo. CONCELLO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta