Rueda critica ao Goberno central por basearse nun "informe que aínda non existía" para xestionar a débeda a Galicia

O vicepresidente da Xunta reclamou a Hacienda este mércores que convoque un Consello de Política Fiscal e Financeira para que "explique os seus argumentos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou ao Goberno en funcións de Pedro Sánchez por basearse nun "informe que aínda non existía" para xestionar o financiamento a conta das comunidades autonómas en xeral e de Galicia en concreto.

Ao seu xuízo, o "criterio" seguido polo Executivo central nos últimos días asentábase sobre un documento da Avogacía do Estado que "non existía fisícamente" ata o pasado martes, que foi o momento no que a ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, o recibiu no Ministerio.

Este informe da Avogacía do Estado "segue a mesma lóxica" que o Goberno de non poder dar o financiamento correspondente ás comunidades autónomas polas condicións actuais do Executivo, asegurou Montero nunha entrevista en Onda Cero.

Ante esta situación, Rueda reclamou a Hacienda este mércores en Meis convocar un Consello de Política Fiscal e Financeira para que "explique os seus argumentos", "poder analizalos" e "debatelos" para atopar unha solución a "un problema moi serio" que afecta a toda a cidadanía galega e que precisa dun remedio para poder "prestar servizos públicos fundamentais".

"O tempo corre cada vez máis en contra" da cidadanía, insistiu o vicepresidente á vez que denunciou que "ata agora a postura do Goberno central" baseábase nun "suposto informe" que "non existía, polo menos fisicamente" e estaba a afectar "a moitas comunidades de todos os signos políticos".

VÍA POLÍTICA

Por outra banda, Rueda explicou que "a vía xudicial" que tomou Cataluña neste sentido é "o último recurso" polo que aposta a Xunta, xa que considera que "é un tema que se pode solucionar dunha forma máis sinxela" á vista de que os "supostos argumentos xurídicos non eran tales".

Con todo, reiterou que Galicia "non renuncia a ningna vía" e considera que a Comunidade catalá "está no seu completo dereito de optar" por presentarse ante os xulgados, aínda que na Xunta a "vía política" é a elixida, polo momento, para atopar unha solución "canto antes" á transferencia dos 700 millóns de euros. Neste sentido, a Administración autonómica inclínase por comprobar a "vontade política" que manifestou o Goberno central coa "apelación ao diálogo".

Alfonso Rueda e o concello de Meis asinan un convenio de colaboración. XUNTA
Alfonso Rueda e o concello de Meis asinan un convenio de colaboración. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta