Un incendio nunha vivenda en Vilagarcía obriga a evacuar catro persoas

Os bombeiros informaron de que ardeu unha cociña por completo. As persoas atendidas eran dúas dun piso e as outras dúas do adyaciente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2019 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Catro persoas necesitaron ser evacuadas este mércores ao sufrir unha crise de ansiedade por un incendio rexistrado nunha vivenda en Vilagarcía de Arousa.

Os servizos de emerxencias do municipio avisaron do lume ao 112 pasadas as 13,00 horas. Foron avisados, entre outros, bombeiros, persoal de urxencias sanitarias, así como axentes da Policía Nacional e Local.

Tras extinguir o lume, os bombeiros informaron de que ardeu unha cociña por completo. As persoas atendidas eran dúas dun piso e as outras dúas do que estaba pegado ao primeiro.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta