Sermos Galiza sairá o 26 de abril

Contará cunha redacción de cinco xornalistas e centrarase, principalmente, en Economía, Política, Movementos Sociais e Cultura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2012 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O novo proxecto xornalístico impulsado desde distintos estamentos políticos, sociais, culturais e sindicais do país xa ten data de saída; será o vindeiro 26 de abril cando comecen a súa andaina dixital. Con todo, haberá que agardar ata o vindeiro 17 de maio para que o semanario en papel vexa a luz segundo teñen informado accionistas do proxecto a GC.

None

 

O vindeiro 22 de abril terá lugar unha Xunta Xeral de accionistas no Hotel Araguaney de Santiago onde se dará conta deste novo proxecto xornalístico impulsado por parte da esquerda nacionalista. A idea orixinal era botar a andar o dixital este pasado 17 de abril pero, finalmente, problemas loxísticos e técnicos retardaron o lanzamento.

 

Redacción

 

Con todo, xa se coñece a redacción coa que contará Sermos Galiza. Serán, finalmente, cinco xornalistas, tres dos cales xa teñen colaborado tamén no Galicia Confidencial, e disporá dunha rede de persoas colaboradoras. Segundo contan na súa web, os responsábeis de botar a andar o xornal teñen "un perfíl variado e con intereses profesionais en distintos ámbitos comunicativos".

 

Deste modo, Xesús Manuel Piñeiro, ocuparase dan sección de economía "á que Sermos quere darlle o relevo que merece no momento de crise e desfeita do mundo laboral que vivimos". Pola súa banda, Rodri Suárez --quen ata fai dous meses mantiña unha columna de opinión no GC-- será o responsábel da coordinación da área política, unha sección que "se abre aos distintos aspectos sociais, organizativos e institucionais do acontecer galego".

 

ONG's e cultura

 

Do mundo das organizacións non gubernamentais e o cooperativismo, con formación en temas de xénero e conciencia feminista, incorporarase Beti Vázquez para levar a área social do xornal. 

 

Sermos Galiza quere darlle moita importancia ao mundo da cultura con "propostas, iniciativas, protagonistas e análise da política institucional na tradición do xornalismo galeguista e nacionalista". Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo, que tamén colaborou até hai nada co GC, serán os xornalistas que se encargarán desta sección e tamén se centrarán noutras áreas coma a preocupación pola recuperación da memoria histórica.

 

Capital de 320.000 euros

 

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informou un dos impulsores do proxecto, Néstor Rego, quen destacou a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

 

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, entre as que destaca o sindicato nacionalista CIG. Con todo, no grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista, entre os que salienta a UPG. Polo de agora a presidenta do proxecto é a escritoraTeresa Moure, que foi nas listas da Alternativa pola Unidade (APU), a plataforma que gañou as dúas últimas asembleas nacionais do Bloque.

 

GC aproveita para felicitar a saída deste novo proxecto e para desexarlles aos profesionais que se encargarán de levalo adiante moita sorte nesta nova andaina xornalística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

23 Somos GZ

Coño!! e de onde saca a UPG tantas pelas!!?? DO BNG, como sempre?? Ala, xa teden medio controlado, como querían. Bicos

22 Ruano

Esperemos que la edición de del nuevo Jurnal, en vez ser publicada en papel prensa, no se emita en papel higiénico. Conste que la diferencia no esta en la pasta virgen o reciclado de su composición, sino en las características geométricas de la cabeza de los componentes del equipo de redacción. Si su configuración atiende a un formato esférico con orejas, es provable que su contenido pueda leerse; pero si la constitución occipital del informador guarda semejanza con un prisma cuadriculado de arista vivas, entonces, es propio para leer con el ojo trasero. Quien me puede avanzar una descriptiva craneal del Bloque de redacción?

1 saña

Ruano, unha soia pregunta, o que acabas de desenrolar e unha autodecripcion ou agocha algo mais?

2 Ruano

Saña: Normalmente solo curso respuesta a personas cualificadas , pero en este caso por ser fin de semana tienes el premio de mi respuesta, de todos modos que no siente precedente. Veamos, vuelve a leer el contenido de mi intervención, después de hacerlo, mete la cabeza debajo del grifo alrededor de tres horas, pasado ese tiempo, sin secarla, ponte unos tubos con horquillas, e ipso facto, pon pies a la calle... Si al cruzarte con el gentío no sientes ridículo, vuelve a casa y házmelo saber. Con ese nuevo dato ya tendré a disposición todos los elementos de juicio necesarios para darte la respuesta merecida . Oye, no vayas chafar el proceso. No se te ocurra tapar la cabeza con un gorrito de pelu...!

3 ARTUR

RUANIÑO: PODIAS DAR-NOS CLASES A TODOS DE COMO DEFECAR POLA BOCA, DE TAN BEN QUE O FAS....NÓTA-SE QUE ES DOS DE MEXADAS DE AUGA BENDECIDA E DE POSTRE UNHA DESAS "FORMAS" TAMÉN CHAMADAS HOSTIAS QUE FABRICAN AS MONXIÑAS QUE TE CRIARON NA INCLUSA E POR ESO TES DE EXPÓSITO OS DOUS APELIDOS..VENTAXAS D$E TER UN PAI SERVINDO A ESPAÑA (POR NON VALER PARA OUTRA COUSA DE INUTIL QUE ERA: E COMO LLO TRANSMITU AO FILLO, ABOFÉ!!) MENTRAS A TÚA NAI RECOCIA OS SEUS BAIXOS FERVORES CO PRIMEIRO DA TROPA QUE ATOPABA, AÍNDA QUE FOSE GALEGO (DE AÍ QUE CHE FICASE ESE ACENTO DE PAILAROCO INCLUSO ESCRIBINDO..).

21 Marcos Valcarcel

Nin maís nin menos que noraboa. Xa sei que todos somos hipercríticos cos demais e pouco con nós mesmos. Vendo a fauna humana que hai no noso país, onde hai moitos panhais e poucos urinarios, que se xunten unha morea de xornalistas con diferentes sensibilidades, para crear un diario en papel, só pode ter, pola minha parte, a minha máis cordial noraboa.

1 bouzas

A sensibilidade, estimado Marcos, é U, U, Única. Por outra banda, deberías saber, que unha moreia é a acumulación de xornalistas desordenados. Cinco é pequeno montón, e sonche moi ordenados. Parabéns aos que precisan información pre-cociñada.

2 Marcos Valcarcel

Dacordo. Cometo moitos erros na escrita en galego. Grazas por explicarme o de "morea" xa que non o sabía. O de información pre-cocinhada ou non é outro cantar. Con tanto hipercrítico os urinarios están baleiros e os panhais están con rotura de stock. Que si a FPG, NOS-UP, + G, independentes, MpB, CAUSA GALIZA, Irmandinhos, PNG e unha morea de siglas máis, o dos panhais non é unha metáfora. É unha realidade. Procuro xente madura. Non cativos. E si algúns dos xornalistas son da UPG melhor que si son de +G, ecogaleguistas,PNG, Rafa Cuíña, etc. Ou non?

3 bouzas

Ser da UPG non é pior, certo. Tampouco mellor. Os que sabemos do raposo cheiramos que a pluralidade e a liberdade de opinión -da información mellor non falar- non a imos ulir no Sermos. De todos xeitos, recoñecemos, hai parroquia no BNG que precisa de novas mastigadas (igual que no PP, só que con outros edulcorantes).

4 Un que sabe do asunto

que saia á rúa un novo xornal sempre é d agradecer. Claro que cando se coñece o "patrón" xa as cousas se ven doutro xeito. Todos falamos da liberdade de expresión pero ninguén asume o seu custe. Aquí, neste mundo que nos demos, quen paga esixe. Obviamente a UPG non vai permitir que se publique nada que poida poñer un dúbid a súa linea de traballo político. Os xornalistas poden ser honestos e competentes, e de feito constame que algúns o son,pero tamen saben que a censura actual dos medios non ven aplicada pola dirección; como ben di Ramonet xa os propios xornalistas saben ben o que non poden escribir. De calquera xeito, sorte a Sermos galeza e veremos en que queda o asunto da liberdade de expresión de xornalistas e colaboradores.

5 Xornalista en paro

Concordo con "un que sabe do asunto" no que di sobre a liberdade de expesión dos xornalistas. Eu son xornalista e coñezo ben esa situación. Ninguén me di nada, certo, pero todos coñecemos os nosos límites. Cales van ser en Sermos Galiza é a dia de hoxe unha incógnita. Cecais aprenderonn a lección e van aceptar un xornal diverso, informativo/formativo e que acepte varios puntos cde vista no eido político. Gustariame estar aí; sempre mola escomenzar unj novo proxecto para este PAIS.

20 DANTON

Shin Chan, o erotismo anal do teu persoaxe cando non ve cartos cheira merda. Non todos os caseiros sen terra de seu son tan resentidos.

19 Marizza

Que esté na plantilla Antón Fernández Escuredo é moi boa nova. seguireino.