Sermos Galiza sairá o 26 de abril

Contará cunha redacción de cinco xornalistas e centrarase, principalmente, en Economía, Política, Movementos Sociais e Cultura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2012 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O novo proxecto xornalístico impulsado desde distintos estamentos políticos, sociais, culturais e sindicais do país xa ten data de saída; será o vindeiro 26 de abril cando comecen a súa andaina dixital. Con todo, haberá que agardar ata o vindeiro 17 de maio para que o semanario en papel vexa a luz segundo teñen informado accionistas do proxecto a GC.

None

 

O vindeiro 22 de abril terá lugar unha Xunta Xeral de accionistas no Hotel Araguaney de Santiago onde se dará conta deste novo proxecto xornalístico impulsado por parte da esquerda nacionalista. A idea orixinal era botar a andar o dixital este pasado 17 de abril pero, finalmente, problemas loxísticos e técnicos retardaron o lanzamento.

 

Redacción

 

Con todo, xa se coñece a redacción coa que contará Sermos Galiza. Serán, finalmente, cinco xornalistas, tres dos cales xa teñen colaborado tamén no Galicia Confidencial, e disporá dunha rede de persoas colaboradoras. Segundo contan na súa web, os responsábeis de botar a andar o xornal teñen "un perfíl variado e con intereses profesionais en distintos ámbitos comunicativos".

 

Deste modo, Xesús Manuel Piñeiro, ocuparase dan sección de economía "á que Sermos quere darlle o relevo que merece no momento de crise e desfeita do mundo laboral que vivimos". Pola súa banda, Rodri Suárez --quen ata fai dous meses mantiña unha columna de opinión no GC-- será o responsábel da coordinación da área política, unha sección que "se abre aos distintos aspectos sociais, organizativos e institucionais do acontecer galego".

 

ONG's e cultura

 

Do mundo das organizacións non gubernamentais e o cooperativismo, con formación en temas de xénero e conciencia feminista, incorporarase Beti Vázquez para levar a área social do xornal. 

 

Sermos Galiza quere darlle moita importancia ao mundo da cultura con "propostas, iniciativas, protagonistas e análise da política institucional na tradición do xornalismo galeguista e nacionalista". Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo, que tamén colaborou até hai nada co GC, serán os xornalistas que se encargarán desta sección e tamén se centrarán noutras áreas coma a preocupación pola recuperación da memoria histórica.

 

Capital de 320.000 euros

 

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informou un dos impulsores do proxecto, Néstor Rego, quen destacou a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

 

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, entre as que destaca o sindicato nacionalista CIG. Con todo, no grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista, entre os que salienta a UPG. Polo de agora a presidenta do proxecto é a escritoraTeresa Moure, que foi nas listas da Alternativa pola Unidade (APU), a plataforma que gañou as dúas últimas asembleas nacionais do Bloque.

 

GC aproveita para felicitar a saída deste novo proxecto e para desexarlles aos profesionais que se encargarán de levalo adiante moita sorte nesta nova andaina xornalística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

18 Costadamorte

A todos que estades todo o día nas trincheiras da "guerra civil do BNG", (como a define Antón Tenreiro), que facervos chegar unha nova que hoxe tirei ista nova dun confidencial da dereita rancia, (pro-PP e españolista)... http://www.galiciadiario.com/web/fr... E tamén, como cantaba Reixa, "estamos en guerra, hai que reflexionar"...

1 Guerraque

Pero é que é para iso que están tentando desintegrar o BNG. Non hai guerra civil, hai francotiradores. Pentapartito o que? En Asturias non entrou forza nova nengunha (só o PP desintegrado), e en Andalucia tampouco, e polo de agora é soñar, cos bancos fechando a billa, que partidos que saen de cero absoluto cheguen sequer ao 1% de cota eleitoral (basta ver os resultados de Equo en Andalucia ou Asturias, ainda ben pioriños que nas xerais). Nada de guerra civil, sabotaxe pepeira. E a que lle están montando ao PSOE non vai ser un bis do BNG.

2 Costadamorte

Chámalle Xis... O caso é que con guerra civil ou guerriña de francotiradores..., os involucrados está obxetivamente achantandolle o camiño ao PP, (que o ten ben difícil)... Por certo, en Asturias, dista, si entrou UPyD... E IU na Galiza podería chegar a entrar de seguir así as cousas no nacionalismo... E si uns son francotiradores, os outro van de antidisturbios, e así, entre uns e outros, non imos a ningures... A miña opinión: http://www.youtube.com/watch?v=ZV5Y...

17 trepia

Parabéns pola iniciativa! un xornal en galego sempre é unha boa nova.

16 trepia

Parabéns pola iniciativa! un xornal en galego sempre é unha boa nova.

15 ateo

Xa temos predicadores en plantilla, xa lles están escribindo os sermóns que deben predicar e o estilo de ben-dicir, os fieis xa teñen definido o plan de salvación seguindo as boas lecturas. Amén. Mágoa polos que non cremos, teremos que procurar en diferentes fontes a verdade non revelada.

1 Ateos mesianicos non

E a ti quen che escribe o que debes predicar? Ou recibes inspiración mesiánica divina?

2 ateo

Eu, simplemente, vou por libre (se cadra ti iso non o entendes). Non quero pratos cociñados polos "nosos", despois de coñecer un tal Pucheiro e ser vítima dos seus enredos e farsas. As experiencias de ANT, e tamén das Novas do Carrumeiro (ou era da Galiza), foron amargas demais. E tamén, por se che interesa, ollo os menus do Praza e non me agradan para picar... Pois iso, permite que nos condenemos non achando o camiño da salvación. Ou quedaremos no limbo dos inocentes?

14 Ruano

El periodismo no me atrae, eso que soy redactor excelente, tampoco nunca me fui del BNG, más bien nunca pertenecí porque soy españolista y del Real Madrid, como Bautista Alvarez ; vamos el del " polisón", No obstante, hubo un tiempo en el que sentí inclinación por la UPG, me ponía mucho su logotipo, aquella espiral celta absorviendo la hoz y el martillo, parecia estar liberándome del trabajo, pero lo que más me ponía, era ser diputado comunista, cobrando un pastón y aguaqntando la risa en los debates del desempleo y la reducción salarial. Eso me ponía orgásmico. A vosotros no os pone, o es a mi solo?

1 Leo

Se lo hizo mirar usted? Es que lo suyo, por fuerza, se tiene que reflejar en un encefalograma plano porque, de otro modo, no es posible aser tan gilipollas. Lo siento, no me gusta insultar, pero en este caso solamente defino. ¡Salud!

2 Leo

Por supuesto que quise decir ser y no aser

3 BestaSipaia

home Leo, non vai vostede descarreirado; aser, aser... Ruano "ase" el "gilipoyas" tamén. Un pouco "Be&Do gilipoyas" que diriamos en pitilinguish

4 ARTUR

RUANIÑO: APARTE CHORADAS RETRANQUEIRAS MOI BEN LOGRADAS, NO QUE TES MAIS RAZÓN QUE UN SANTO É NO DE TODA ESA CATERVA DE NACIONALISTAS GALEGOS AMANTES DO REAL MADRID (BAUTISTA ÁLVAREZ, ALFONSO EIRÉ E MOITOS ANÓNIMOS), DA ZARZUELA CAÑÍ (FRANCISCO RODRIGUEZ) E DEMAIS FLAMENCADAS...CON ESTES VIMBIOS E ESTA COERENCIA E FORTALEZA IDEOLÓXICA IMOS DE CÚ...AÍNDA QUE NOUTRAS NACIÓNS IBÉRICAS QUE NOS DAN LECCCIÓNS TAMÉN LLE RONCA: ZARRA DO PNV, IRIBAR DE HERRI BATASUNA E TODOS OS CATALÁNS PERDENDO ACEITE POLA PUTISIMA SELECCIÓN ESPAÑOLA...UNHA VERGONZA SEN PALIATIVOS..!!!!

5 Ruano

Leo: El lunes te he de ver en mi consulta, deja dicho encasa que tardarás un tiempo en volver, Han de estar dos "encamisadores" de fuerza claro, para trincarte no mas entrar y llevarte al sanatorio mental y allí te tendrán contra la pared hasta que aprendas a conjugar el verbo "aser"